Tipo | montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa ![]() | |||
División administrativa | Boqueixón, España ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Macizo Galaico ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 490 m ![]() | |||
O Pico Sagro, chamado modernamente Pico Sacro e coñecido na antigüidade como monte Ilicino e Mons Sacer,[1] está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa.[2]
No cume existen unha ermida, unha cova con varias entradas, os restos dun castelo medieval e un vértice xeodésico.
O monte é un filón de cuarzo de 533 m de altura, illado doutras montañas.[3] O cume está dividido por unha fenda, posibelmente artificial, chamada Rúa da Raíña Lupa,[4] desde alí vense os cimentos dunha pequena fortaleza, reconstruída polo arcebispo de Compostela Alonso II de Fonseca en 1473.[5]
Poucos metros por baixo da cima está a ermida de San Sebastián, fundada no século X e restaurada en varias ocasións. O 20 de xaneiro celébrase unha romaría neste lugar.[6]
Unha cova estreita e profunda atravesa o pico, lugar que segundo a tradición xacobea era unha das entradas ao inferno. A Vía da Prata, chamado ás veces camiño seabrés ou mozárabe, bordea a aba do pico.[7]
Na mitoloxía galega, a Raíña Lupa mandou os discípulos do apóstolo Santiago ó Pico Sacro (Mons Illicinus tal como se recolle no códice Calixtino)[8] para que construísen un sepulcro para o apóstolo, sen saber estes que no lugar estaba a cova do Inferno, e que alí vivía un dragón.
A uns 2 km ao SE do pico atopamos unha capela dedicada a Santiago coñecida como "de Santiaguiño" e unha fonte do século XVII que narra o encontro dos discípulos de Santiago co dragón do Pico Sacro.[9]
Cando o ergotismo (fogardente ou lume de Santo Antón) inzaba Galicia, había o costume de que os doentes fosen ó Pico Sacro e, tras facer no cume unha ofrenda dun pan, rezaban a seguinte oración:
Ou, simplemente: "Pico Sagro, Pico Sagro, sáname do mal que eu trago".
Vicente Risco, que supón que este ensalmo data do século XIII, fai fincapé no feito de que non se dirixe a santo ningún, senón ó monte mesmo, como se este puidese escoitar e sandar[10].
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pico Sacro ![]() |