Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1921 Xénova, Italia |
Morte | 30 de maio de 1957 (36 anos) Saint-Étienne, Francia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, enxeñeiro, piloto de Fórmula Un |
Deporte | Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Piero Carini nado en Xénova o 6 de marzo de 1921 e finado en Saint-Étienne, Francia o 30 de maio de 1957 foi un piloto de carreiras de Italia.[1]
Carini terminou terceiro no Gran Premio de Modena de 1950, que se disputou ese ano coas regras da Fórmula 2, pilotando un OSCA.[1] Con todo, o coche resultou pouco fiable en 1951, pero logrou o suficiente como para ser invitado pola Scuderia Marzotto en 1952, para conducir os seus Ferrari de Gran Premio e deportivos.[1] Malia competir soamente en dous Grandes Premios (debutou o 6 de xullo de 1952), Carini fixo o bastante ben como para asinar polo equipo oficial de Ferrari para 1953, efectivamente como un piloto "junior" xunto a Umberto Maglioli.[1] Pero só competiu no Gran Premio de Italia de 1953, e ao final da tempada trasladouse a Alfa Romeo, para conducir en 1954 os seus coches de turismo Tlogrando vitorias na súa clase na Mille Miglia, o Tour de Sicilia e a Copa Dolomita.[1]
En 1955 Carini pilotou un Ferrari logrando vitorias de clase en Dakar e Caracas, Venezuela, e cun O.S.C.A. unha vitoria de clase na Targa Florio.
En 1957, pilotando nunha carreira de coches deportivos, preto de Saint-Étienne, Francia, cun Ferrari Testa Rossa, o coche de Carini cruzou a mediana central e chocou con outro competidor morrendo instantaneamente.[1]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Scuderia Marzotto | Ferrari 166 | Ferrari V12 | SUI | 500 | BEL | FRA Ret |
GBR | ALE Ret |
NED | ITA | NC | 0 | |
1953 | Scuderia Ferrari | Ferrari 553 | Ferrari V12 | ARX | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA Ret |
NC | 0 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |