Pilar Cancela Rodríguez, nada en Stuttgart o 21 de agosto de 1967, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.
Filla de emigrantes galegos en Alemaña. Retornou a Galicia para estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. É funcionaria da Xunta de Galicia dende 1993. Foi responsable do Servizo Xurídico e de Solución de Conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais e directora xeral de Relacións Laborais (en 2003 e novamente en 2005). En 2013 foi elixida secretaria de Organización do PSdeG. Foi cabeza de lista da candidatura do PSOE pola provincia da Coruña nas catro eleccións xerais celebradas entre 2015 e novembro de 2019.
Trala dimisión de Xosé Ramón Gómez Besteiro o 18 de marzo de 2016, dirixiu a comisión xestora nomeada dende Ferraz ata a elección do novo secretario xeral do partido. En xuño de 2017 foi elixida secretaria da área de Políticas Migratorias e PSOE do Exterior na executiva de Pedro Sánchez.[1] En xullo de 2021 foi nomeada secretaria de Estado de Cooperación Internacional.[2]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilar Cancela ![]() |