![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 ![]() Cali, Colombia ![]() |
Educación | Pontificia Universidade Xaveriana Universidade de Iowa Hong Kong Baptist University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, libretista, publicitario ![]() |
Xénero artístico | Xénero literario ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
|
Pilar Quintana, nada en Cali en 1972, é unha escritora colombiana. Foi a gañadora do Premio Alfaguara de Novela do ano 2021.[1][2][3]
Pilar Quintana naceu en Cali, Colombia en 1972. Estudou no colexio Liceo Benalcázar de Cali e posteriormente comunicación social na Universidade Xaveriana de Bogotá. Logo de graduarse traballou como libretista de televisión e redactora de textos para publicidade. Viaxou tres anos polo mundo e ao seu regreso a Colombia radicouse no Pacífico colombiano.
En 2007 foi elixida como unha das 39 escritoras menores de 39 anos máis destacados de América Latina polo Hay Festival. En 2010 a súa novela Coleccionistas de polvos raros recibiu o premio La Mar de Letras, outorgado polo festival La Mar de Músicas de Cartaxena, en España. En 2011 representou a Colombia no International Writing Program da Universidade de Iowa.
En 2018 a súa novela La perra recibiu o IV Premio Biblioteca de Narrativa Colombiana.[4] Na acta do xurado lida por Alonso Cueto, escribiuse sobre a novela: “ante todo, a grande economía e calidade literaria da prosa; a súa capacidade de amosar unha extraordinaria opresión no medio dunha grande apertura e inmensidade xeográfica. O libro lese sen pausa e a súa historia conflúe cara á descrición sen estridencias retóricas dun pequeno drama que se relata de maneira serena, firme e luminosa”.[5]
En 2021 gañou o XXIV Premio Alfaguara de Novela coa obra titulada "Los abismos", un libro no que trata as relacións familiares dende a perspectiva dunha nena. Nesta edición presentáronse máis de 2400 obras nas que o xurado formado por Héctor Abad Faciolince como presidente, xunto a Irene Vallejo, Cristina Fuentes La Roche, Ana Merino, Xavi Ayén, Xavier Vidal e Pilar Reyes seleccionou a obra de Quintana.[1]
A súa obra caracterízase por estar relacionada con aspectos da violencia colombiana, o erotismo e o realismo. Publicou as novelas Cosquillas en la lengua (Planeta, 2003), Coleccionistas de polvos raros (Norma, 2007; El Aleph, El Cobre, 2010), Conspiración iguana (Norma, 2009); a colección de contos "Caperucita se come al lobo" (Cuneta, 2012) e La perra (Random House, 2017), ademais de contos en revistas e antoloxías de Latinoamérica, España, Italia, Alemaña, os Estados Unidos e Filipinas.