Piorno galego | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Cytisus oromediterraneus en Bustarviejo. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Cytisus oromediterraneus' Rivas Mart. et al, 1984 |
O piorno galego[1] (Cytisus oromediterraneus, sin. C. purgans auct. non (L.) Spach) é unha especie arbustiva pertencente á familia das fabáceas. Tamén recibe o nome de xesta de montaña.
Está formada por moitas pólas moi apertadas. Forma extensas matogueiras, só ou convivindo con outros arbustos, coma o xenebreiro rastreiro (Juniperus communis subsp. nana) nas altas montañas silíceas, case sempre por riba do nivel dos bosques ou convivindo co piñeiro rubio. As follas caen cedo polo que os talos están frecuentemente nus; as inferiores son trifoliadas, sen pecíolo; as florais sinxelas e tamén sentadas. Flores amarelas, pequenas, (9–12 mm) solitarias ou por parellas na axila das follas, formando un acio máis ou menos denso na terminación das pólas sostidas por un pedúnculo de 2–6 mm. Cáliz membranoso, e forma de campá e piloso. Corola tipo bolboreta, co pétalo superior arredondado. O froito é un legume de 15 a 30 mm, recto ou algo curvo, moi comprimido lateralmente e cuberto de pelos aplicados á súa superficie. Florea de maio a xullo.[2] O aspecto que presenta é moitas veces almofadado para se defender do frío e abeirarse dos fortes ventos que zoan nas alturas.
En Francia, Península Ibérica e Norte de África. Na Península é moi abondoso nas Serras de Guadarrama, Gredos, Paramera de Ávila, La Serrota, Sistema Ibérico, Montes de León, Pireneos. Aparece tamén en Galiza, Cantabria, Aragón, Cataluña, Castela, Estremadura e Andalucía. Forma piorneiras.
A súa importancia na vexetación ibérica é moi grande polas enormes superficies que ocupa. Na época de floración tinxe de amarelo moitos dos coradais peninsulares e bota un cheiro intenso e empalagoso semellante ao do mel.
Empregábase coma combustíbel en fornos, para teitos ou cubertas vexetais (colmados), para a fabricación de vasoiras, e coma estrume do gado.[3]
Indicacións: úsase coma purgante e diurético.
É unha especie conflitiva dende o punto de vista nomenclatural. Recentemente estableceuse unha nova división que se expón a seguir:
Polas súas caracteres morfolóxicas, ecoloxía e bioxeografía acéptqanse catro táxones no seo deste grupo (Cytisus oromediterraneus e Cytisus balansae) de Cytisus; dous en Europa: Cytisus oromediterraneus e Cytisus balansae subsp. nevadensis e outros dous nas montañas do Norte de África: Cytisus balansae subsp. balansae e Cytisus balansae subsp. atlanticus.[4]
subhúmido-húmido, supratemperado e orotemperado húmido-hiperhúmido; submediterráneo no interior da Península Ibérica. Carpetano- Leonés, Orocantábrico, Oroibérico, Pirenaico e Auverniense (Francia). Cytisetalia scopario-striati, Juniperion nanae.
e oromediterráneo subhúmido-húmido. Atlásico, Marrocos: Grande Atlas, Alxeria: Dujrdjura, Aurés. Erinacetalia.
supramediterráneo e oromediterráneo seco-subhúmido. Atlásico, Marrocos: Grande Atlas e Atlas Medio. Erinacetalia.
Ecoloxía e biogeografía: Silicícola, oromediterráneo subhúmido. España, Nevadense, Genisto versicoloris-Juniperion hemisphaericae.[5]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piorno galego ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Piorno galego |