Playlife | |
---|---|
Tipo | Privada |
Fundación | 1998 - 2000 |
Industria | Automóbil |
Produtos | Especialidade maquinaria e a fabricación de motores |
Na rede | |
http://www.playlife.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Playlife é unha empresa de moda con sede en Treviso, Italia. A empresa é propiedade da familia Benetton e é a marca deportiva do fabricante de roupa.
Playlife puxo o seu nome á subministración de motores dos automóbiles Benetton de Fórmula 1 de 1998 a 2000. Osmotores de Playlife foron unha serie de motores producidos polo fabricante francés Mecachrome, quen asumira no ano 1998 a responsabilidade de prover de impulsores, ás escuderías de Fórmula 1 que ata o ano 1997 foran motorizadas por Renault Sport.
Este termo, aplicouse a partir do ano 1998 na desaparecida escudería Benetton Formula, para rebautizar aos impulsores entregados por Mecachrome, a fin de diferenciar os impulsores desta escuadra, con respecto ás demais que comezaban a ser motorizadas por Mecachrome. O termo Playlife, xurdiu a partir do nome dunha subsidiaria do Grupo Benetton, propietaria da escudería e o mesmo sería proposto polo director de equipo de Benetton, Flavio Briatore.
A provisión directa de motores por parte da Mecachrome suspenderíase no ano 1999, cando grazas a un acordo celebrado entre esta e a firma Super Performance Engineering, propiedade de Briatore, comezarían a producirse e desenvolverse os motores que levarían o nome de Supertec, cos cales comezaría a proverse de impulsores ás escuadras Williams F1, Benetton Formula e Arrows, asumindo a empresa de Briatore a exclusividade na provisión dos motores, en substitución de Mecachrome. No caso de Benetton, os motores novamente recibirían a redenominación Playlife.
Existiron dous modelos de motores que levaron o nome de Playlife, sendo o primeiro deles o Mecachrome GC37-01, que foi utilizado en 1998, mentres que desde 1999 ao 2000, foi rebautizado como Supertec FB01, tendo un versión potenciada chamada FB02. Todos estes impulsores, estaban baseados no antigo motor V10 Renault RS9, que había equipado ás escuderías Williams F1 e Benetton Formula ata o ano 1997.
Malia non gañar ningunha carreira, con estes motores Benetton alcanzaría unha boa cantidade de podios, situándose case sempre como a cuarta escudaría en potencial, por detrás de Ferrari, McLaren e Williams F1.
A produción e provisión destes motores finalizou no ano 2001, logo do retorno de Renault Sport como fornecedor oficial de motores de Benetton, preparando o seu regreso como escudaría a partir de 2002.
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Anor | Equipo | Chasis | Motor | Pneum. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1998 | Mild Seven Benetton | Benetton B198 | Playlife (Mecachrome) GC37-01 3.0 V10 | B | AUS | BRA | ARX | SMR | ESP | MON | CAN | FRA | RU | AUT | ALE | HUN | BEL | ITA | LUX | XPN | 33 | 5º | ||
Giancarlo Fisichella | Ret | 6 | 7 | Ret | Ret | 2 | 2 | 9 | 5 | Ret | 7 | 8 | Ret | 8 | 6 | 8 | ||||||||
Alexander Wurz | 7 | 4 | 4 | Ret | 4 | Ret | 4 | 5 | 4 | 9 | 11 | 16 | Ret | Ret | 7 | 9 | ||||||||
1999 | Mild Seven Benetton | Benetton B199 | Playlife (Supertec) FB01 3.0 V10 | B | AUS | BRA | SMR | MON | ESP | CAN | FRA | GBR | AUT | ALE | HUN | BEL | ITA | EUR | MAL | XPN | 16 | 6º | ||
Giancarlo Fisichella | 4 | Ret | 5 | 5 | 9 | 2 | Ret | 7 | 12 | Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | 11 | 14 | ||||||||
Alexander Wurz | Ret | 7 | Ret | 6 | 10 | Ret | Ret | 10 | 5 | 7 | 7 | 14 | Ret | Ret | 8 | 10 | ||||||||
2000 | Mild Seven Benetton | Benetton B200 | Playlife (Supertec) FB02 3.0 V10 | B | AUS | BRA | SMR | RU | ESP | EUR | MON | CAN | FRA | AUT | ALE | HUN | BEL | ITA | USA | XPN | MAL | 20 | 4º | |
Giancarlo Fisichella | 5 | 2 | 11 | 7 | 9 | 5 | 3 | 3 | 9 | Ret | Ret | Ret | Ret | 11 | Ret | 14 | 9 | |||||||
Alexander Wurz | 7 | Ret | 9 | 9 | 10 | 12 | Ret | 9 | Ret | 10 | Ret | 11 | 13 | 5 | 10 | Ret | 7 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Playlife |