Os gweagal (tamén escrito gwiyagal) son un pobo aborixe australiano do grupo dos tharawal (ou dharawal), que tradicionalmente vivían nas áreas meridionais de Sidney, Nova Gales do Sur, Australia.[1]
Os gweagal vivían na costa sur da baía Botany (Península de Kurnell). O seu territorio, aínda que non estaba claramente definido, abranguía a zona entre os ríos Cooks e Georges, ó sur de estuario de Port Hacking e ó oeste de Liverpool. Eran o pobo máis setentrional da nación dharawal.[2]