Pobo quimbaya | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 94 (censo de 2018)[1] | |
Rexións principais: | |
Colombia | Caldas, Risaralda e Quindío |
Aspectos culturais | |
Lingua | lingua quimbaya |
Relixión | Tradicional |
Os quimbaya[2] son unha etnia e cultura indíxena colombiana[3] famosa pola súa produción de pezas de ouro de alta calidade e beleza. Cara ao 1530 estaban organizados na chamada federación quimbaya, centrada arredor da cidade de Chinchiná. Esta federación opuxo unha forte resistencia armada ós españois, e malia a súa derrota, continuaron existindo até o 1700, cando desapareceron como grupo recoñecible.
Cando chegaron os españois, o pobo quimbaya vivía no interior e nos arredores do que hoxe se coñece en Colombia como o eixo cafeteiro, nos departamentos de Caldas (sur: Chinchiná, Palestina, Villamaría, Manizales), Risaralda (sur: Pereira, Marsella, Santa Rosa) e Quindío (norte: Armenia, Quimbaya, Montenegro, La Tebaida, Salento, Circasia) nos concellos de Cartago e Obando, ó norte de Valle del Cauca.[4]
Os máis antigos ocupantes da rexión Quimbaya desapareceron contra o século X e coñécese moi pouco sobre eles. A ourivaría finamente desenvolvida que se atopou dos quimbayas sinala que dende unha época moi antiga posuíron un alto grao de desenvolvemento cultural.
A conquista española do territorio quimbaya comezou en 1539 e someteu ós indíxenas ó servizo dos encomenderos. En 1542, produciuse a primeira rebelión quimbaya[5] e en 1577 a segunda,[6] que chegou a adquirir maiores dimensións. Derrotadas ámbalas rebelións, se produciuse unha continuada diminución da poboación quimbaya, de xeito que no 1559 xa desapareceran o 55% dos cacicados.[7] Os traballos forzados, a desnutrición, as enfermidades e finalmente a guerra dos pijaos contra os españois, da que foron vítimas, acabaron con eles, de xeito que o último censo dos quimbayas, en 1628, rexistrou só 69 tributarios, nunha zona onde en 1539 se rexistraran 20 mil.[8]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo quimbaya |