Porto Covo é unha freguesía do concello portugués de Sines. No ano 2011 contaba con 1.038 habitantes e unha densidade de poboación de 21,3 hab/km². A illa do Pessegueiro, co seu forte, tamén forma parte do territorio da freguesía.
En Porto Covo atópase a Praia Grande, xunto a saída norte de Porto Covo. Con bos accesos, é unha das máis concorridas durante os meses de verán. Tamén ostenta a categoría de bandeira azul e é bastante frecuentada por surfistas. Entre outras praias de Porto Covo están a praia do Espingardeiro, a Praia Pequena, a Praia dos Buizinhos e a Baía de Porto Covo, estas máis pequenas.