Princesas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Princesas |
Director | Fernando León de Aranoa |
Produtor | Fernando León de Aranoa Jaume Roures |
Guión | Fernando León de Aranoa |
Intérpretes | Candela Peña Micaela Nevárez Mariana Cordero Llum Barrera Pepa Aniorte |
Música | Alfonso Villalonga Manu Chao |
Fotografía | Ramiro Civita |
Montaxe | Nacho Ruiz Capillas |
Estrea | 2005 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Orzamento | €4 772 285 |
Recadación | €6 089 530,27 (España) $8 446 187 (mundial) |
Na rede | |
Princesas é un filme español dirixido por Fernando León de Aranoa no ano 2005 e protagonizada por Candela Peña e Micaela Nevárez.
O filme conta a historia de dúas prostitutas. Unha delas, Caye (Candela Peña), é española e exerce a prostitución sen que o saiba a súa familia; a súa ilusión é aforrar para poder pagar unha operación de aumento de peito. A outra, Zulema (Micaela Nevárez), é unha inmigrante ilegal que intenta conseguir cartos para mandar á súa familia na República Dominicana.
A pesar do receo que existe entre o colectivo de prostitutas pola chegada de estranxeiras que lles supoñen competencia, e que tamén se reflicte na película, Caye e Zulema convértense en boas amigas e descobren que, a pesar das diferenzas, teñen moito en común.
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Candidata | |
Mellor actriz | Candela Peña | Gañadora |
Mellor actriz revelación | Micaela Nevárez | Gañadora |
Mellor actor revelación | Luís Callejo | Candidato |
Mellor guión orixinal | Ángel Fernández Santos Fernando León de Aranoa |
Candidato |
Mellor canción ("Me llaman calle") | Manu Chao | Gañadora |
Mellor deseño de vestiario | Gina Daigeler | Candidata |
Mellor maquillaxe e peiteado | Nacho Ruiz Carlos Hernández |
Candidatos |
Mellor son | M. Reixas, A. Raposo, P. Aledo | Candidatos |