Puffin Rock | |
---|---|
Formato | Animación |
Creado por | Lily Bernard Tomm Moore Paul Young |
Desenvolvido por | Cartoon Saloon Dog Ears Penguin Random House[1] |
Dirixido por | Maurice Joyce |
Intérpretes | Kate McCafferty Sally McDaid Darragh Gargan Anna McDaid Laura McCallan Brenn Doherty |
País de orixe | Irlanda Reino Unido Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 2 |
Episodios | 26 (78 segmentos) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Gerry Shirren Fionnuala Deane Francesca Dow |
Duración | 22 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | RTÉjr |
Primeiro episodio | 12 de xaneiro de 2015 |
Derradeiro episodio | 12 de agosto de 2016 |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Puffin Rock é unha serie de animación irlandesa que se emitiu orixinalmente a través de RTÉjr. Narrada por Chris O'Dowd, a serie estreouse o 12 de xaneiro de 2015 e está coproducida pola compañía irlandesa Cartoon Saloon, a británica Dog Ears e a estadounidense Penguin Random House.
Emitiuse orixinalmente en RTÉjr en Irlanda, Nick Jr., Nick Jr. Too e Milkshake! no Reino Unido, Nick Jr. en Italia, ABC Kids en Australia,[2] ERT2 en Grecia e Netflix en Irlanda, os Estados Unidos, o Canadá, América Latina, España, os países da Benelux, o Reino Unido, Polonia, Francia, Dinamarca e Alemaña.[3]
Ambientada na illa Puffin, fronte á costa irlandesa, a serie segue a unha arao papagaio chamada Oona e o seu irmán máis novo Baba mentres exploran o seu mundo.