Pyrolobus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Pyrolobus é un xénero de microorganismos do dominio Archaea[1]. Comprende a especie Pyrolobus fumarii[2], o organismo máis termófilo de todos os coñecidos. Non pode crecer a menos de 90 °C e a súa temperatura máxima de crecemento é de 113 °C, a maior de todos os organismos coñecidos. Illouse nunha fonte hidrotermal da dorsal mesoatlántica.
É un organismo anaerobio que obtén enerxía da oxidación de dihidróxeno acoplada á redución de nitrato (formando amoníaco) ou tiosulfato (formando sulfuro de hidróxeno). Tamén pode crecer baixo condicións microaerobias reducindo oxíxeno.