Pío Cabanillas Gallas, nado o 13 de novembro de 1923 en Pontevedra e finado o 10 de outubro de 1991 en Madrid, foi un político galego.
Fillo de Manuel Cabanillas Pérez (fillo de José Cabanillas Rodríguez e Peregrina Pérez) e Laura Gallas Novas, estudou Dereito na Universidade de Granada. Doutor en Dereito (con premio extraordinario), notario, rexistrador da propiedade e letrado do Estado.[1]
Nomeado procurador en Cortes en 1961 foi secretario no Ministerio de Información e Turismo con Manuel Fraga. Nomeado Ministro de Información e Turismo con Carlos Arias Navarro (1974) tentou ampliar a liberdade de prensa polo que foi destituído do seu posto por Francisco Franco.
Foi un dos impulsores do Partido Liberal. Xunto a José Antonio Segurado foi un dos homes fortes da UCD en Galicia, grazas ó apoio de Euloxio Gómez Franqueira. Foi deputado no Congreso dos Deputados desde 1977 ata 1989 (desde 1987 co CDS), Ministro de Cultura e Benestar (1977-1979), Ministro adxunto ó Presidente (1980-1981), Ministro da Presidencia (1981) e Ministro de Xustiza (1981-1982). En 1989 entrou no Partido Popular e foi deputado no Parlamento Europeo (1989-1991).
Estivo embarcado no DC-8 que sufriu o accidente da Lavacolla en 1978.
O seu fillo, Pío Cabanillas Alonso, foi Ministro Voceiro do Goberno (2000-2002) durante parte do mandato de José María Aznar.
Predecesor: Fernando de Liñán y Zofío |
Ministro de Información e Turismo de España 1974 (xaneiro a outubro) |
Sucesor: León Herrera Esteban |
Predecesor: Novo cargo |
Ministro de Cultura e Benestar de España 1977 - 1979 |
Sucesor: Manuel Clavero Arévalo |
Predecesor: Novo cargo |
Ministro sen carteira de España: Ministro Adxunto ao Presidente 1980 - 1981 |
Sucesor: Cargo suprimido |
Predecesor: Rafael Arias-Salgado Montalvo |
Ministro da Presidencia de España 1981 |
Sucesor: Matías Rodríguez Inciarte |
Predecesor: Francisco Fernández Ordóñez |
Ministro de Xustiza de España 1981 - 1982 |
Sucesor: Fernando Ledesma Bartret |
A Galicitas posúe citas sobre: Pío Cabanillas Gallas |