Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Rexión Autónoma | Azores | |||
Concello | Ribeira Grande | |||
Poboación | ||||
Poboación | 8.801 (2021) (518,32 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 16,98 km² | |||
Santo padrón | Xesús de Nazaret | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 9600-124 | |||
Prefixo telefónico | 292 | |||
Sitio web | jf-rabodepeixe.pt |
Rabo de Peixe é unha vila portuguesa sede da freguesía de Rabo de Peixe do municipio da Ribeira Grande, nos Azores. Ten 16,98 km² de área,[1] e en 2021 tiña 8 801 habitantes, cunha densidade de poboación de 518,2 hab./km².[2]
Rabo de Peixe foi elevada a categoría de vila o 25 de abril de 2004.[3]
Cunha área 16,98 km², na que se inclúe o lugar de Santana, a freguesía de Rabo de Peixe limita co océano Atlántico ao norte, coas freguesías de Calhetas e Pico da Pedra ao leste, coa Ribeira Seca e Santa Bárbara ao oeste, e co Livramento (Ponta Delgada) e Cabouco (Lagoa), ao sur.
Vive esencialmente da pesca e da agricultura, habendo industrias de construción e de transformación de peixe como principais empregadores.
En xuño de 2001 máis de 505 kg de cocaína 80% pura[4] chegaron a Rabo de Peixe porque a embarcación que a transportaba (un iate Sun Kiss 47, do siciliano Antoni Quinzi) naufragou preto da costa azoriana. A droga tiña como destino España, mais acabou entre os habitantes de Rabo de Peixe, que colleron os fardos que chegaban do mar e quedaron con eles.
A cocaína chegou a consumirse de xeito masivo entre a poboación. Dada a facilidade de compra e os baixos prezos, o consumo da droga marcou unha xeración enteira e condeouna a unhas consecuencias nefastas que aínda persistiron anos despois.[5] Dise que mesmo empregaban a droga para fritir o peixe ou como azucre para o café.[6]
En maio de 2023 estreouse a serie de televisión Rabo de Peixe, de Augusto Fraga, en Netflix,[7] que falaba sobre este caso.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rabo de Peixe |