Radio Clásica é unha emisora de radio española de ámbito estatal pertencente á cadea pública Radio Nacional de España. Naceu o 22 de novembro de 1965 baixo o nome de Segundo Programa de RNE. Tras ser renomeada Radio 2, en 1994 adopta a súa denominación actual.
Os contidos da emisora céntranse fundamentalmente na música clásica, aínda que tamén conta con programas especializados noutras músicas que non teñen cabida nas radios comerciais: folclore, jazz, flamenco, zarzuela, ópera e cancións populares. Ademais conta con programas culturais dedicados á pedagoxía, a literatura ou a danza.
Radio Clásica colabora activamente coa Unión Europea de Radiodifusión (UER), a Orquestra e Coro de RTVE, a Orquestra e Coro Nacional de España, a Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, a Fundación Juan March ou o Gran Teatre del Liceu na retransmisión de concertos en directo.
Con motivo da retransmisión en directo da ópera Don Pasquale dende o Metropolitan Opera House de Nova York o 19 de febreiro de 2011 púxose en marcha Radio Clásica HQ. Dende ese momento, as emisións de Radio Clásica na Televisión Dixital Terrestre teñen un son en calidade de 320 kb/seg. A partir de xaneiro de 2012, RTVE engadiu un segundo son polo cal emiten con son 5.1 Dolby Digital +, con calidade de 320 kb/seg, aínda que non emite as 24 horas neste formato, unicamente os concertos que dispoñen neste formato.
A emisora especializada busca incrementar a súa presenza na sociedade e interactuar con ela, para o que renova a súa linguaxe sen perder as súas señas de identidade.
Dentro da programación da emisora inclúense programas dedicados especialmente ao público xuvenil e infantil, así como os didácticos e de carácter de investigación e divulgación, que teñen unha presenza especialmente destacada na páxina web da emisora baixo a epígrafe de Aula de música. Os concertos sempre foron outra das principais ofertas da emisora, que aumenta a súa colaboración coas principais institucións españolas e internacionais.
A emisora conta cunha importante presenza internacional a través da UER, labor recoñecida coa elección da representación de Radio Clásica no comité directivo do grupo Euroradioclassics.
Radio Clásica caracterízase tamén polo seu apoio á vangarda, o que marca o seu compromiso coa nova creación musical e a arte sonora, apartado no que Radio Clásica é un dos principais dinamizadores do país. A cadea conta tamén cunha páxina web que busca unha maior participación e interactividade co público, cos novos xeitos de escoita e as amplas posibilidades que ofrece a radio á carta.
Programa | Condutor | Descrición - Temática |
---|---|---|
Álbum de discos
|
Ángel Sánchez Manglanos
|
Espazo dedicado á presentación de novidades discográficas que chegan á redacción de Radio Clásica
|
América mágica
|
Mikaela Vergara
|
Unha viaxe musical polas culturas de Iberoamérica dende a época colonial ata a actualidade
|
Ars canendi
|
Arturo Reverter
|
A arte do canto. O misterio da voz desvelado
|
Ars sonora
|
Miguel Álvarez-Fernández
|
Un oído atento á arte sonora española e internacional, con referencia especial á arte radiofónica e á creación con medios electrónicos
|
Conciertos de la OCBNC
|
Javier Pérez Senz
|
Concertos da Orquestra i Cor de Barcelona i Nacional de Catalunya
|
Conciertos de la OCNE
|
José Luis Pérez de Arteaga
|
Concertos da Orquesta y Coro Nacional de España
|
Contra viento y madera
|
Diego Requena
|
A difusión da música de banda e todas aquelas agrupacións que se basean nos instrumentos de vento como parte fundamental da súa composición
|
Correo del oyente
|
Mercedes Puente
|
Programa que atiende ás peticións musicais dos oíntes da emisora a través do contestador telefónico ou o correo electrónico
|
Divertimento
|
Beatriz Torío
|
Coidada selección musical de obras que percorren toda a historia da música
|
El fantasma de la ópera
|
Rafael Banús
|
Inmersión no mundo da ópera, coa audición dun espectáculo completo, a meirande parte das veces en vivo
|
El mundo de la fonografía
|
José Luis Pérez de Arteaga
|
Un veterano programa que, centrado na área do son gravado, pasa revista a novidades discográficas, producións históricas, e a conmemoracións e efemérides, sempre evocadas a través de rexistros fonográficos
|
El oído atento
|
Fernando Palacios
|
Programa que sitúa no espazo e abre ante o oínte o paradoxal libro do tempo
|
El rincón de los niños
|
Sabrina Aguado
|
Programa onde os auténticos protagonistas son os nenos. Cada sábado viaxa a un mundo de fantasía, maxia e ilusión
|
En otros lugares
|
Alberto González Lapuente
|
Este programa trata de primeiras visitas a lugares, das músicas que as ambientaron, do recordo dos seus visitantes e da recreación da súa estancia
|
Fila cero (UER)
|
Equipo de Radio Clásica
|
Concertos da Unión Europea de Radiodifusión
|
Fila cero (ORCAM)
|
Equipo de Radio Clásica
|
Concertos da Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid
|
Fila cero (Fundación Juan March)
|
Equipo de Radio Clásica
|
Concentos da Fundación Juan March
|
Fila cero (Liceu)
|
Equipo de Radio Clásica
|
Concertos do Gran Teatre del Liceu
|
Fila cero (OCRTVE)
|
Equipo de Radio Clásica
|
Concertos da Orquestra y Coro de RTVE
|
Gran auditorio
|
Roberto Mendés
|
Programa que recolle a produción concertística das emisoras asociadas á UER que intercambian con Radio Clásica as súas recentes producións
|
Grandes ciclos
|
Eva Sandoval
|
A figura de compositores, directores, intérpretes solistas ou conxuntos destacados dentro do panorama musical nacional e internacional
|
Historia y música
|
Roberto Mendés
|
Espazo dedicado a comentar as obras musicais que interveñen directamente na historia
|
Jazz porque sí
|
Juan Claudio Cifuentes
|
Un espazo dedicado integramente ao jazz
|
Juego de espejos
|
Luis Suñén
|
Entrevista con personaxes da cultura e a ciencia que non viven da música, mais si coa música
|
La casa del sonido
|
José Luis Carles
|
A música conecta cos sons da rúa, o ruído ambiental, a paisaxe sonora e a ecoloxía acústica
|
La guitarra
|
Ángel Sánchez Manglanos
|
Programa monográfico dedicado a este instrumento, cos seus máis importantes intérpretes e os máis variados repertorios
|
La zarzuela
|
Martín Llade
|
Programa dedicado ao xénero lírico español. Nel repásanse tanto os títulos de sempre como aqueles menos difundidos, que teñen contribuído a dar forma ao xénero
|
Los colores de la noche
|
Sergio Pagán
|
Espazo aberto a músicas variadas
|
Los imprescindibles
|
José Luis Nieto
|
Programa destinado a oíntes menos experimentados, que precisan achegarse ás obras mestras a través da análise e comentarios dun profesor
|
Los raros
|
Juan Manuel Viana
|
Rarezas e máis
|
Matiné
|
Laura Prieto
|
Programa que inclúe concertos tanto de produción propia como de intercambio internacional da UER, no espírito das tradicionais sesións matinais de concertos
|
Melodías de comedia
|
Eva Sandoval
|
Espazo dedicado aos principais autores e intérpretes da opereta francesa, vienesa e alemá, do musical anglosaxón e dos xéneros cómicos españois e italianos
|
Museo de instrumentos
|
Ana Casado
|
Añafiles, guiternes, cítolas, theremines, chalumeaux... Este programa invita ao oínte a visitar un museo de instrumentos musicais en cada programa
|
Música antigua
|
Sergio Pagán
|
Móstrase a inmensa riqueza dos cerca de dez séculos de música (VIII a XVIII) que non é moi frecuente escoitar
|
Música coral
|
José Carlos Sandúa Maño
|
Programa dedicado ao repertorio para varias voces: cuartetos, coros de cámara, coros femininos, masculinos, coros mixtos, escolanías, orfeóns...
|
Música joven
|
Beatriz Torío
|
Programa de difusión e promoción dos novos valores da música en España: compositores, solistas, conxuntos de cámara, orquestras, directores...
|
Músicas de España
|
Alberto González Lapuente
|
Actualidade e revisión da produción musical española en todo o seu amplo espectro
|
Músicas de tradición oral
|
Gonzalo Pérez Trascasa
|
A volta ao mundo polas súas músicas de tradición oral
|
Música viva
|
Álvaro Guibert
|
Programa que emite gravacións da emisora (concertos do CDMC no Museo Raíña Sofía e outros ciclos), gravacións de intercambio internacional da UER e gravacións presentadas na Tribuna de Compositores Xoves da UNESCO
|
Música y significado
|
Luis Ángel de Benito
|
Programa de análise musical que fala da partitura e se adentra "ao outro lado do pentagrama"
|
Nuestra orquesta y coro
|
Cristina Moreno
|
Informativo sobre a Orquesta y Coro de RTVE
|
Nuestro flamenco
|
José María Velázquez-Gaztelu
|
Unha mirada experta polo flamenco
|
Primer movimiento
|
Jesús Trujillo
|
A revista musical que Radio Clásica dedica aos melómanos máis madrugadores da fin de semana
|
Radiofonías
|
Ana Vega Toscano
|
Espazo que aborda a intersección do medio radiofónico con outros campos y disciplinas, nun intercambio que vai reflectir case un século de experiencias fluídas entre medios
|
Redacción de Radio Clásica
|
Mikaela Vergara y Diego Requena
|
Magacín de actualidade da emisora que ofrece unha coidada selección musical ao fío da actualidade
|
Taller arte
|
Rosa Pérez
|
Lugar de encontro de novos artistas, que provenientes de distintos ámbitos da creación sonora, promoven unha linguaxe musical dixital
|
Temas de música
|
Santiago Martín Bermúdez
|
A intimidade da música francesa
|
Todas las mañanas del mundo
|
Martín Llade
|
Programa que nace coa vocación de acompañar aos oíntes de Radio Clásica nas súas primeiras horas do día
|
Una noche en el cine
|
Ana Vega Toscano
|
Música e voces da historia do cine
|
Vía límite
|
Juan Manuel Costa
|
Vía Límite trata dos puntos de intersección entre o auditivo e outras artes como as visuales, a performance, ou mesmo o land art ou a arquitectura
|
Viaje a Ítaca
|
Carlos de Matesanz
|
Programa bisagra entre dous espazos dedicados á transmisión de concertos, preséntase como unha selección musical variada, mais con identidade propia, en cada un dos seus días de emisión
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
1988 - 1994 | 1994 - 1999 | 1999 - 2008 | 2008 - Actualidade |
---|