Nome orixinal | (sat) ᱜᱩᱨᱩ ᱜᱚᱢᱠᱮ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Chunu Murmu 5 de maio de 1905 Dandbose, India (en) |
Morte | 1 de febreiro de 1982 (76 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India (1950–) Dominio da India (1947–1950) Raj Británico (–1947) |
Educación | Bahalda Primary School (en) M.K.C. High School (en) Patna University (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor , poeta , dramaturgo , mestre , lingüista |
Lingua | Lingua santali e Lingua oriya |
Familia | |
Cónxuxe | Noha Baskey |
Pais | Nandlal Murmu (en) e Salma Murmu (en) |
Raghunath Murmu, nado en Dandbose o 5 de maio de 1905[1][2] e finado o 1 de febreiro de 1982 foi un escritor indio, o inventor en 1925 da escrita ol chiki empregada pola lingua santali.
Mestre en Badomtolia, dedicouse ao estudo da lingua santali e no seu intento de establecer unha escrita que se adaptase á lingua creou en 1925 o ol chiki que continuou perfeccionando ata que na década de 1940 adpotou a forma definitiva[3]. Despois da independencia da India estableceu a organización ASECA (Adivasi Socio-Educational Association) para difundir a súa escrita na área de lingua santali[4]. Escribiu a novela Bidu Chandan, outras obras súas son Darege Dhan, Sidhu-Kanhu e Kherwal Bir.