Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
Lema | «Floreat Redonda!» | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Capital | Illa Redonda | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua castelá lingua inglesa | |||
Creación | 1865 | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía absoluta | |||
O Reino de Redonda (Kingdom of Redonda, en inglés) é unha nación semificticia e semirreal creada ao redor da illa deshabitada de Redonda, unha dependencia de Antiga e Barbuda. Redonda tivo unha breve vida independente a partir de 1865, cando Matthew Dowdy Shiell, un banqueiro de Montserrat, se proclamou rei.
O escritor español Javier Marías ostentou o título de Rei de Redonda en termos literarios; con todo, outras tres persoas reclamaron o verdadeiro título do Reino. Este artigo céntrase na versión literaria, pero inclúe unha sección onde se presentan as controversias.
Matthew Shiell comprou a illa de Redonda en 1865, cando naceu o seu primeiro fillo, Matthew Phipps Shiell (autor M. P. Shiel). Pediu o título de Rei de Redonda á Raíña Vitoria do Reino Unido, quen llo concedeu coa condición de que non houbese ningún tipo de política oposta aos intereses coloniais británicos (ou sexa, mentres que o seu reinado fose ficticio).[1]
M.P. Shiell cedeu o título a un escritor que protexía, John Gawsworth, a quen, ademais, deixoulle os dereitos da súa obra. Aparentemente, Gawsworth, debido ao seu continuo estado de bancarrota, vendeu varias veces o título, o que provocou unha longa polémica sobre quen é o verdadeiro rei. Como sexa, Gawsworth cedeulle o título, os dereitos da súa obra e a de Shiell a John Wynne-Tyson (tamén un escritor). Cansado dos problemas do Reino, Wynne-Tyson abdicou do seu trono na década dos 90, cando, logo de ler Todas as almas (onde Gawsworth aparece como personaxe), outorgoulle o trono e os dereitos da obra de Shiell e Gawsworth a Javier Marías. Marías escribiu algúns detalles sobre como se converteu en Rei de Redonda en Negras costas do tempo.
O 11 de setembro de 2022 Javier Marías morreu en Madrid, deixando en xogo o trono. Ao parecer, Javier I nomeou como sucesor ao escritor colombiano Juan Gabriel Vásquez[2], aínda que este candidato ao trono aclararía que nunca tivo lugar unha cerimonia oficial de nomeamento[3].
En agosto de 2022, o escritor español Javier Diéguez viaxou á illa de Redonda e alí deixou, en homenaxe a Javier Marías e aos anteriores monarcas do reino de Redonda, algúns libros de Javier Marías, M. P. Shiel e Jon Wynne-Tyson[4]. O libro 'Redonda' de Javier Diéguez é unha narración da súa viaxe á illa[5], ademais dunha homenaxe póstuma a Javier Marías.
(Esta lista baséase exclusivamente nos nomeamentos literarios e, polo tanto, exclúe todas as controversias.)
O Rei Xavier I comezou a outorgar títulos nobiliarios a personalidades das artes, do mesmo xeito que os seus antecesores. Aquí se enlistan, alfabeticamente, os nobres seguidos do ano do seu nomeamento. Os escritores e cineastas elixidos pola corte da illa como gañadores do Premio Reino de Redonda reciben, ademais dun premio monetario, un ducado.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reino de Redonda |