As rexións de Ghana constitúen o primeiro nivel de administración subnacional de goberno dentro da República de Ghana. Desde o 2020, hai dezaseis rexións,[1] as cales son subdivididas para propósitos administrativos en 260 distritos.
Os límites das anteriores dez rexións foran oficialmente estabelecidos en 1987, cando a Rexión de Upper West foi inaugurada como a rexión administrativa máis nova do estado. A pesar de que a inauguración oficial foi en 1987, a Rexión de Upper West xa funcionaba como unha unidade administrativa desde a partición da Rexión Upper en decembro de 1982, antes do censo nacional de 1984.[2] O referendo para a creación de seis rexións novas foi celebrado o 7 de decembro de 2018, sendo aprobadas todas as rexións propostas.[3]
Tras a independencia en marzo de 1957, os Territorios do Norte, a Togolandia Británica e a Costa do Ouro uníronse para formar Ghana. Existían inicialmente cinco rexións. Togolandia uniuse con parte da Rexión Oriental e os Territorios do Norte da Costa do Ouro para formar a Rexión do Volta.[5][6]
Rexión anterior | Capital | Rexión nova | Capital |
---|---|---|---|
Protectorado Ashanti | Kumasi | Rexión Ashanti | Kumasi |
Provincia Oriental | Koforidua | Rexión Oriental | Koforidua |
(Keta) | Rexión do Volta | Ho | |
Togolandia | Ho | ||
Territorios do Norte | (Saboba) | ||
Tamale | Rexión do Norte | Tamale | |
Provincia Occidental | Sekondi | Rexión Occidental | Sekondi |
O 4 de abril de 1959, a Rexión de Ashanti dividiuse oficialmente nas rexións de Ashanti e Brong-Ahafo, tras a Acta 18 de 1959 da Rexión de Brong Ahafo.[7] Isto foi debido ao movemento Brong Kyempem que preseguía o recoñecemento dos bonos como grupo étnico diferenciado dos ashantis coa súa rexión propia.[5]
Cando Ghana se tornou en república, o 1 de xullo de 1960, a Rexión do Norte foi dividida nas rexións Norte e Superior (Upper), quedando o número de rexións en sete.[5][7]
Rexión anterior | Capital | Rexión nova | Capital |
---|---|---|---|
Ashanti | Kumasi | Ashanti | Kumasi |
Rexión Brong-Ahafo | Sunyani | ||
Rexión Oriental | Koforidua | Rexión Oriental | Koforidua |
Rexión do Norte | Tamale | Rexión do Norte | Tamale |
Rexión Superior | Bolgatanga | ||
Rexión do Volta | Ho | Rexión do Volta | Ho |
Rexión Occidental | Sekondi | Rexión Occidental | Sekondi |
Durante a segunda república, a Rexión Occidental foi partida nas rexións Occidental e Central, facendo oito rexións en total. Isto foi feito para o censo de poboación de 1970. En 1971, Sekondi e Takoradi uníronse para formar Sekondi-Takoradi, a nova capital da Rexión Occidental.[5][6]
O Consello Provisional de Defensa Nacional, que foi o goberno militar que gobernou o país entre o 31 de decembro de 1981 e xaneiro de 1993, promulgou a lei do Grande Accra o de 23 de xullo de 1982, que creou a Rexión do Grande Accra. Isto fixo do Distrito Capital de Accra, onde se atopaba a capital nacional, e do concello de Ada, ambos ambos parte da Rexión Oriental, na nova Rexión de Grande Accra. No ano seguinte 1983, a Rexión Superior foi dividida na Rexión Superior Leste e na Rexión Superior Oeste, ficando o número total de rexións en dez.[6][7]