Rhodnius prolixus

Rhodnius prolixus
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Heteroptera
Familia: Reduviidae
Subfamilia: Triatominae
Tribo: Rhodniini
Xénero: Rhodnius
Especie: Rhodnius prolixus
Stål, 1859

Rhodnius prolixus é o principal vector triatomino do parasito causante da enfermidade de Chagas debido ás súas poboacións silvestres e domésticas (que colonizan as casas) en América do Norte e do Sur e polas súas poboacións exclusivamente domésticas en América Central. Ten unha ampla variedade de ecótopos, principalmente as sabanas e ladeiras cunha altitude de entre 500 e 1500 m sobre o nivel do mar e temperturas entre os 16 e os 28 °C. Os R. prolixus silvestres, como virtualmente todos os Rhodnius spp., está asociado principalmente a hábitats con palmeiras e ten unha ampla variedade de hóspedes, incluíndo aves, roedores, marsupiais, preguiceiros e réptiles.

Este insecto foi utilizado por Sir Vincent Wigglesworth para a detección de hormonas de insectos. Foi implicado na transmisión de transposóns entre el e algúns dos seus hóspedes vertebrados, como os monos esquío e as sarigüés.[1][2]

Rhodnius prolixus, igual que outros triatominos, tende a alimentarse na área arredor da boca das súas vítimas.[3]

Rhodnius prolixus estableceuse por toda América Central a partir de espécimes de orixe venezolana que escaparon accidentalmente dun laboratorio de investigación de San Salvador en 1915. Colonizou as casas e invadiu os países veciños, probablemente polo transporte accidental por viaxeiros.[4]

Ciclo vital

[editar | editar a fonte]

Ten cinco etapas larvais, cunha muda entre cada etapa e a seguinte. En cada estadio larval aliméntase dunha soa comida grande de sangue, o cal desencadea o proceso de muda 12–15 días despois. Wigglesworth demostrou que a muda se inícia coa secreción da hormona protoracicotrópica no sangue do insecto en resposta á liberación de hormonas polas células neurosecretoras do cerebro.[5] Ademais, demostrouse que os corpos alados segregan a hormona xuvenil, que impide o desenvolvemento prematuro a adulto. A extirpación da cabeza durante calquera dos estadios larvais causa un desenvolvemento temperán a adulto, mentres que a implantación dunha cabeza xuvenil durante o quinto e último estadio larval ten como resultado un sexto estadio larval xigante.[6]

O adulto segrega compostos químicos nas feridas que crea cando se alimenta, como as lipocalinas. Demostrouse que estas lipocalinas teñen varias funcións, como o secuestro de aminas, especialmente serotonina, para previr a vasoconstrición (e posiblemente a coagulación) no hóspede.[7] O sistema reprodutor do macho de R. prolixus contén catro glándulas accesorias, tres das cales son responsables de producir as espermatecas e unha que é responsable do movemento dos espermatozoides desde o espermatóforo ao corpo da femia. Unha vez que se produciu o apareamento, os espermatozoides móvense polo sistema reprodutivo feminino por ondas peristálticas. A femia entón almacena os espermatozoides ata a fecundación.[8]

Como vector de enfermidades

[editar | editar a fonte]

A enfermidade de Chagas está causada polo protozoo parasito Trypanosoma cruzi. A infección ocorre cando Rhodnius libera o protozoo nas súas feces inmediatamente despois de que se alimentou de sangue. O parasito entra na vítima a través da ferida da mordedela do insecto favorecido porque a persoa adoita rañar na ferida.[9] A infección pode ocorrer tamén por transfusión sanguínea ou por comida contaminada con feces do insecto.[10]

Rhodnius prolixus: sucesivos estadios de ninfas ata o adulto.
  1. BUSCatermos sarigüé
  2. Clément, Gilbert; Schaack, Sarah; Pace II, John K.; Brindley, Paul J.; Feschotte, Cédric (2010). "A role for host-parasite interactions in the horizontal transfer of DNA transposons across animal phyla". Nature 464 (7293): 1347–50. PMC 3004126. PMID 20428170. doi:10.1038/nature08939. 
  3. "Basic Kissing Bugs Facts | Department of Neuroscience". Arquivado dende o orixinal o 2015-07-12. Consultado o 2015-07-12. 
  4. C. J .Schofield (2000). "Challenges of Chagas disease vector control in Central America: position paper". World Health Organization. 
  5. Wigglesworth, V.B. (1934). "The physiology of ecdysis in Rhodnius prolixus (Hemiptera). II Factors controlling moulting and metamorphosis". Q. J. Microsc. Sci. 77: 191–223. 
  6. J. A. V. Butler (1959). Inside the Living Cell. George Allen and Unwin. p. 79. 
  7. Fry, Bryan G.; Roelants, Kim; Champagne, Donald E.; Scheib, Holger; Tyndall, Joel D.A.; King, Glenn F.; Nevalainen, Timo J.; Norman, Janette A.; Lewis, Richard J.; Norton, Raymond S.; Renjifo, Camila; de la Vega, Ricardo C. Rodríguez (2009). "The Toxicogenomic Multiverse: Convergent Recruitment of Proteins Into Animal Venoms". Annual Review of Genomics and Human Genetics (Annual Reviews) 10 (1): 483–511. ISSN 1527-8204. PMID 19640225. doi:10.1146/annurev.genom.9.081307.164356. 
  8. DAVEY, K. G. (1 de setembro de 1958). "The Migration of Spermatozoa in the Female of Rhodnius Prolixus Stal". Journal of Experimental Biology 35 (3): 694–701. ISSN 0022-0949. doi:10.1242/jeb.35.3.694. Consultado o 26 de marzo de 2022. 
  9. "DPDx – Trypanosomiasis, American. Fact Sheet". Centers for Disease Control (CDC). 30 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  10. "Chagas disease (American trypanosomiasis)". World Health Organization. 17 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • William C Marquardt et al (2004), Chapter 5: Kissing Bugs and Bedbugs the Heteroptera, Biology of Disease Vectors (2ª edición), Academic Press, ISBN 978-0-12-473276-6

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]