Richard di adeus | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Professor |
Director | Wayne Roberts |
Produtor |
|
Guión | Wayne Roberts |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Tim Orr |
Montaxe | Sabine Emiliani |
Estudio |
|
Distribuidora | Saban Films |
Estrea | Zürich: 5 de outubro de 2018 17 de maio de 2019 11 de outubro de 2023 (TVG) |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia e drama |
Recadación | 3,6 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Richard di adeus[2] (en inglés: The Professor; ou tamén titulado Richard Says Goodbye) é un filme estadounidense de 2018 escrito e dirixido por Wayne Roberts. Está protagonizado por Johnny Depp, Rosemarie DeWitt, Danny Huston, Zoey Deutch, Ron Livingston, Odessa Young e Paloma Kwiatkowski. Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Zürich o 5 de outubro de 2018. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 17 de maio de 2019 a través de Saban Films. Estreouse en galego o 11 de outubro de 2023 a través da TVG.[3][4]
A Richard, un profesor universitario de lingua, diagnosticáselle un cancro de pulmón terminal. Antes de contarllo á súa muller e á súa filla, renuncia a un trato que só prolongaría a súa vida uns meses e decide vivir os seus últimos días coa máxima liberdade, sen compromisos absurdos nin comportamentos hipócritas. Decatouse de que non viviu o suficiente, e agora xa está preparado para aproveitar ao máximo os seus últimos meses, coa axuda e complicidade do seu mellor amigo e compañeiro de traballo. Este cambio de actitude tamén transformará as súas clases, e o alumnado axiña o considerará un referente de liberdade e sabedoría.