Rickenbacker International Corporation | |
---|---|
Fundación | 1931 |
Localización | Santa Ana (California |
Fundador | Adolph Rickenbacher e George Beauchamp |
Industria | instrumentos musicais |
Na rede | |
http://www.rickenbacker.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rickenbacker é unha empresa fabricante de guitarras e baixos elécticos. Toda a súa produción lévase a cabo na súa sede en Santa Ana (California. Rickenbacker é a maior fabricante de guitarras que fabrica todos os seus intrumentos en Estados Unidos.
A compañía fundouse como a "Ro-Pat-In Corporation" por Adolph Rickenbacher e George Beauchamp en 1931 para vender guitarras eléctricas hawaianas deseñadas por Beauchamp. Eles elixiron o nome comercial Rickenbacher (posteriormente cambiado a Rickenbacker) para esas guitarras, aínda que os primeiros exemplares levaban a marca "Electro".
Eses instrumentos, alcumados frying pans (tixolas) debido ao seu longo mastro e corpo circular, foron as primeiras guitarras eléctricas de corpo sólido. Cando a súa produción rematou en 1939, fabricáranlle varios milleiros destes instrumentos.
A compañía tamén vendía amplificadores para as súas guitarras eléctricas. Un fabricante de radios dos Ánxeles chamado Van Nest deseñou o primeiro modelo de amplificador producido pola empresa. Pouco despois, o enxeñeiro Ralph Robertson seguiu desenvolvendo os amplificadores, e na década dos 40 polo menos 4 modelos distintos estiveron dispoñibles. James B. Lansing, da Lansing Manufacturing Company, deseñou o altofalante do modelo profesional de Rickenbacker. Durante o principio dos anos 40 os amplificadores da compañía eran ás veces reparados por Leo Fender, que tiña unha tenda de reparacións que evolucionou na Fender Electric Instrument Manufacturing Company.