Rifa | |
---|---|
Formato |
|
Creado por | Lee Sung Jin |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Bobby Krlic |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 10 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Duración | 30–39 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 6 de abril de 2023 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rifa[2] (en inglés: Beef) é unha serie de televisión estadounidense de 2023 creada polo director coreano Lee Sung Jin para Netflix. Está protagonizado por Steven Yeun e Ali Wong nos papeis de Danny Cho e Amy Lau, dúas persoas que se fan a vida imposible a unha á outra logo dun incidente na estrada. O resto do elenco está composto por Joseph Lee, Young Mazino, David Choe e Patti Yasutake.
A primeira tempada estreouse en Netflix o 6 de abril de 2023, onde conta con opción de subtitulado en galego. Conseguiu a aclamación da crítica, que eloxiou as interpretacións de Yeun e Wong, así como o guión e a dirección.