(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Paula Ribó González 30 de abril de 1990 (34 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Rigoberta Bandini |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | creadora de podcast (2022–), director teatral , compositora de cancións , actriz de dobraxe , actriz de dobraxe , dramaturga , cantante |
Período de actividade | 1997 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Indie pop e música electrónica |
Lingua | Lingua castelá, lingua catalá e lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
29 de xaneiro de 2022 | Benidorm Fest 2022 - final (en) (2ª) |
27 de xaneiro de 2022 | Benidorm Fest 2022, second semi final (en) (1ª) |
1996 | Zecchino d'Oro 1996 (en) |
Familia | |
Parella | Esteban Navarro (en) |
Premios
| |
Páxina web | rigobertabandini.bandcamp.com… |
Paula Ribó González, nada o 30 de abril de 1990 en Barcelona, tamén coñecida como Rigoberta Bandini, é unha cantante e actriz catalá. Dramaturga e escritora, foi unhas das creadoras do trío musical The Mamzelles.[1][2]
Aos nove anos comezou a compoñer cancións e tamén a aprender a tocar a guitarra, creando as súas propias melodías. Como actriz de voz, en 1999 deu voz a Princess Dot en A Bug's Life e en 2013, Anna de Arendelle en Frozen, en lingua catalá.[3] Tamén puxo a voz de Chihiro ou Caillou, en castelán.[4] En 2011 creou o grupo The Mamzelles, xunto con Paula Malia e Bàrbara Mestanza. Dirixiu obras na Sala Barts ou no Espai Brossa[1] e publicou unha novela próxima á autoficción titulada Vértigo.[5]
En 2020 lanzou as súas primeiras cancións como Rigoberta Bandini, Too Many Drugs e In Spain We Call It Soledad, que se fixo viral en Spotify,[4] mesturando inglés e español, terrenalidade e espiritualidade, danza electrónica e canción clásica. Tamén publicou Que Cristo baje coa colaboración do director neoiorquino Jason Trucco para a produción do videoclip.[2] A mediados de 2020, xusto despois do nacemento do seu fillo, publicou unha versión de Cuando tu nazcas, de Mocedades.[6] En 2021, na gala dos XIII Premios Gaudí, reinterpretou en directo "Qualsevol nit pot sortit el sol" de Jaume Sisa.[7] O 10 de decembro do mesmo ano foi anunciada como unha dos 14 seleccionados para formar parte da primeira edición do Benidorm Fest, que se celebrou na cidade homónima do 26 ó 29 de xaneiro de 2022, e no que se presentaba coa canción "Ay Mamá" para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2022 en Turín.[8] Finalmente a súa canción quedou no segundo posto detrás de "SloMo" de Chanel.[9]