Nome orixinal | (es) Roberto Fernández Bonillo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 5 de xullo de 1962 ![]() Betxí, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,79 m ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1977 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1990 | Mundial de Fútbol Italia 1990 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1984 | Eurocopa de Fútbol Francia 1984 ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Roberto Fernández Bonillo, coñecido como Robert, nado en Betxí o 5 de xullo de 1962, é un exfutbolista español que xogaba principalmente como centrocampista.
Disputou máis de 800 partidos como profesional ao longo de 22 tempadas entre 1979 e 2001, sendo o futbolista con máis tempadas no fútbol profesional español (empatado con Rubén Castro).[1] Acumulou 439 partidos e 95 goles na Primeira División, repartidos entre o Valencia, o Barcelona e o Villarreal, e 235 encontros en Segunda.
Foi internacional coa selección española durante case unha década, participando nun Mundial e nunha Eurocopa.
Nado en Betxí, formouse na canteira do Villarreal, pasando logo ás filas do Castellón, co que debutou na Segunda División aos 17 anos, na primeira xornada da tempada 1979/80, contra o Elche. Dous anos despois fichou polo Valencia CF, debutando na súa primeira tempada tanto en Primeira División como na Copa da UEFA. Marcou un total de 42 goles nas seguintes cinco tempadas co club valenciano, pero acabou descendendo na última delas, a 1985/86.
Fichou entón polo FC Barcelona, co que marcou un total de 12 goles na súa primeira tempada, un deles na vitoria por 2-1 sobre o Real Madrid.[2]
Foi titular indiscutible no centro do campo nos catro anos que xogou en Barcelona, conquistando dúas Copas do Rei e a Recopa de Europa 1988/89, ademais de dous subcampionatos de liga. Disputou un total de 196 partidos co club catalán, marcando 47 goles.
En 1990 regresou a Valencia, co que xogou durante as seguintes cinco tempadas, acadando os 322 partidos oficiais co club entre as dúas etapas, con 70 goles na súa conta.[3][4]
En 1995 volveu ao Villarreal, na Segunda División. Disputou un total de 158 partidos co club amarelo en catro tempadas, a última delas na Primeira División, despois de ascender na 1997/98. A continuación xogou dúas tempadas máis co Córdoba CF en Segunda,[5] antes de retirarse no 2001, con case 39 anos e despois de máis de 800 partidos como profesional.
Trala súa retirada tivo unha breve carreira como adestrador, dirixindo tres equipos da súa comarca natal: o Valencia B, o Orihuela CF e o Alzira. Na campaña 2004/05 adestrou durante cinco xornadas o Córdoba en Segunda, sendo o segundo dos catro adestradores do equipo esa tempada, na que o club acabou descendendo a Segunda DIvisión B.[6][5]
Foi 29 veces internacional coa selección española entre 1982 e 1991. Debutou nunha vitoria 1-0 ante Islandia en Málaga o 27 de outubro de 1982.[7] Foi parte do combinado español que participou na Eurocopa de 1984 en Francia e tamén no Mundial de 1990 en Italia. Marcou o seu único gol coa selección en novembro de 1990, nun partido contra Checoslovaquia.