Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1827 Colchester, Reino Unido (pt) |
Morte | 8 de xullo de 1886 (59 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Melbourne |
Ocupación | pintor |
Profesores | Thomas Bock (pt) |
Robert Hawker Dowling, nado en 1827 e finado en 1886, foi un artista colonial australiano.
Dowling naceu en Inglaterra, sendo o fillo máis novo do reverendo Henry Dowling e da súa muller Elizabeth, née Darke. Chegou a Launceston, Tasmania cos seus pais en 1839 no barco Janet. Recibiu clases de arte de Thomas Bock e Frederick Strange, e en 1850 anunciouse como pintor de retratos. En 1856, Dowling marchou a Londres coa axuda dos seus amigos de Launceston. Exhibiu 16 pinturas na Royal Academy entre 1859 e 1882 e outras no British Institute. De volta en Launceston, foi até Melbourne e pintou retratos de Henry Loch, James Moorhouse, Francis Ormond e outros. Regresou de novo a Londres en 1886 e morreu pouco despois da súa chegada.
O 2 de maio de 2007, unha das pinturas de Dowling, Masters George, William and Miss Harriet Ware with the Aborigine Jamie Ware, foi vendida por A$823 500 á National Gallery of Victoria.