Robert Sagna

Modelo:BiografíaRobert Sagna

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Senegal Editar o valor en Wikidata
Member of the National Assembly of Senegal (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSocialist Party of Senegal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Robert Sagna, nado en Ziguinchor o 17 de abril de 1939, é un político senegalés e alcalde da súa cidade natal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Político cristián nun país de maioría musulmá, estudou en distintos seminarios do país (Oussouye, Karabane e Ziguinchor) e tivo unha educación moi relixiosa. De feito seu pai era evanxelizador e ten unha irmá máis vella monxa. Estudou un ciclo de formación profesional rural e logo continuou a súa formación estudando Economía en Gembloux (Bélxica) e París.

Logo duns primeiros traballos como axente de desenvolvemento rural, en 1974 entra na administración senegalesa como director dos Estudos de Planificación Agrícola, que dependían do Ministerio de Desenvolvemento Rural e Recursos Hidráulicos. En 1978 noméano secretario de estado de Recursos humanos e entra a formar parte do goberno do presidente Léopold Sédar Senghor. En 1981 ingresa no Partido Socialista Senegalés. Durante 22 anos seguidos foi ministro de distintas carteiras nos gobernos socialdemócratas do Senegal: Desenvolvemento humano; Pesca marítima; Equipamento e Transportes; Turismo; Información; Equipamento, Transportes e Mar; e Agricultura con rango de ministro de Estado. E dende 1985 ata a actualidade é o alcalde da cidade meridional de Ziguinchor, na rexión da Casamance, onde durante longo tempo estivo vixente un movemento separatista violento.

Nos últimos anos, logo da perda do goberno a mans dos liberais, Sagna converteuse nun membro díscolo do Partido Socialista Senegalés e líder da corrente Democracia e Solidariedade. Logo de o seu nome soar como un dos posíbeis candidatos socialistas ás eleccións presidenciais do 25 de febreiro de 2007, presentouse encabezando unha candidatura á parte denominada Takku Defaraat Sénégal, coa que colleitou unicamente un 2,58% dos votos, sufraxios procedentes na súa maior parte da súa rexión natal.

É ademais oficial da Lexión de Honra francesa, oficial da Orde Real de Bélxica, oficial da Orde Marítima francesa e cabaleiro da Orde de Malta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]