Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1990 (34 anos) Salo, Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 187 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 186 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
2015 | Campionato europeo de baloncesto de 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
2013 | Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 2013 |
Roope Aleksi Ahonen, nado o 12 de xuño de 1990 en Salo é un xogador profesional de baloncesto finés. Cunha altura de 1,88 m xoga na posición de base. Actualmente xoga para o Vilpas Vikings.
Ahonen foi considerado desde os seus comezos como unha das grandes promesas escandinavas. Con esa fama debutou no Salon Vilpas do seu país natal, paso previo a xogar na liga sueca, onde disputou as temporadas de 2012 a 2014 entre Solna Vikings e Borås Basket. Ao ano seguinte regresou á Korisliiga para xogar no Bisons Loimaa. Tras esta experiencia, deu un salto de nivel para xogar no Kolossos Rodou da A1 Ethniki grega. Militou no equipo de Rodas durante dúas temporadas cunha media de 7 puntos e cunha porcentaxe en tiros de tres do 40%. Ademais, repartiu 2,6 asistencias por xogo. Na temporada 2016−17 foi titular de forma regular e xogou moitos minutos no posto de base nun equipo que disputou as eliminatorias polo título.[1] En setembro de 2017 chega a Galiza concretamente ao Club Ourense Baloncesto da Liga LEB. Ao ano seguinte asina polo Oviedo, onde consegue 11,5 puntos por encontro (15,7 en playoffs), unha porcentaxe de triplas do 50,3% (55,6% en playoffs) e unha valoración media de 11,7 (20 en playoffs). O 16 de xullo de 2019 anúnciase a súa incorporación ao Leite Río Breogán.[2]