![]() (2023) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1996 ![]() Santa Monica, Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación ![]() |
Ocupación | actriz ![]() |
Período de actividade | 1999 ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Rosabell Laurenti Sellers, nada o 27 de marzo de 1996 en Santa Monica (California),[1] é unha actriz estadounidense de ascendencia Italiana.
Rosabell Laurenti Sellers debutou en teatro en Nova York no 2004, con oito anos. A continuación mudouse a Roma onde participou en producións para a televisión: E poi c'è Filippo, L'amore e la guerra, Medicina generale, Fuga per la libertà - L'aviatore, Coco Chanel, Mi Ricordo Anna Frank (no papel principal), Ex e Paura di amare.[1].
No 2010 volveu aos Estados Unidos para rodar The Whistleblower, interpretando á filla de Rachel Weisz. En 2012 é nomeada aos premios David di Donatello da Academia Italiana de Cine coma mellor actriz secundaria polo seu traballo en Gli Equilibristi.
En 2012, toma parte noutras series italianas: Una grande famiglia[2] e Mia and Me (de animación).[3], e tamén participa en varias películas: Buongiorno papà,[4][5] Balancing Act [6] e Passione sinistra.[7]
Desde 2014 participa na serie da HBO Game of Thrones interpretando a Tyene Sand.[8]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosabell Laurenti Sellers ![]() |