![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1957 ![]() Río de Xaneiro, Brasil ![]() |
Educación | Universidade de Londres ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xeóloga, astrónoma, vulcanóloga ![]() |
Empregador | Laboratorio de Propulsión a Chorro ![]() |
Membro de | |
Premios | |
| |
Sitio web | science.jpl.nasa.gov… ![]() |
Rosaly MC Lopes-Gautier, nada en Río de Xaneiro o 8 de xaneiro de 1957, é unha xeóloga e astrónoma brasileira, coñecida polo seu traballo en xeoloxía planetaria no Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL, acrónimo en inglés) da NASA, á que se uniu en 1989.[1]
De nena desexaba ser astronauta. Non obstante, dada a dificultade de explorar o espazo como brasileira e estudante de escola pública, transformou o soño nun proxecto para estudar espazo e en 1975 marchou a Londres, onde se licenciou en astronomía pola University College.[2]
Cara ao final da súa graduación, interesouse pola xeoloxía dos planetas, unha disciplina que sería obxecto do seu doutoramento, Comparative Studies of Volcanic Features on Earth and Mars, da Universidade de Londres en 1986. Os seus estudos sobre volcáns valéronlle a invitación para traballar en JPL.[3]
Entre 1996 e 2001, traballando no Galileo Flight Project, identificou 71 volcáns activos na superficie de Io, o satélite de Xúpiter. En 2002 uniuse ao equipo do radar de apertura sintética da Cassini.
Esta sección precisa reformularse seguindo unha orde cronolóxica. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |