Nome orixinal | Ludvig Sophus Rudolph Bergh |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de outubro de 1824 Copenhague |
Morte | 20 de xullo de 1909 Copenhague |
País de nacionalidade | danesa |
Formación profesional | Doutor en Medicina |
Educación | Det von Westenske Institut |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina, venereology (en) , zooloxía e Malacoloxía |
Ocupación | médico, malacólogo |
Empregador | Hospital Almindeligt de Copenhague Hospital Vestre de Copenhague |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Bergh |
Familia | |
Fillos | Rudolph Sophus Bergh |
Pais | Ludvig Anton Berg e Anne Sophie Kirstine Pedersen |
Premios | |
Cabaleiro da Orde de Terceira Clase (Ridder af Dannebrog) Cabaleiro da Orde do Dannebrog Cruz de Honra da Orde do Dannebrog |
Ludvig Sophus Rudolph Bergh, nado en Copenhague o 15 de outubro de 1824, e finado na mesma cidade o 20 de xullo de 1909, foi un médico e malacólogo danés.
Como médico a súa especialidade eran as enfermidades de transmisión sexual. En Copenhague levan o seu nome un hospital e unha rúa. Ademais de médico, foi tamén un importante malacólogo, é dicir, un zoólogo que estudaba os moluscos, en particular os nudibranquios; publicouo máis de 90 traballos neste campo, e participou nunha expedición científica a Indonesia. Nomeou e describiu numerosas especies de nudibranquios.
Rudolph Bergh naceu en Copenhague. O seu pai foi o médico xefe do exército Ludvig Anton Berg. A súa nai era Anne Sophie Kirstine (apelido de solteira Pedersen).
Bergh formouse no Det von Westenske Institut en 1842, e recibiu o seu título de médico en 1849. O doutor Rudolph Bergh foi médico asistente no que daquela era o hospital Almindeligt, e do hospital xeral de Amaliegade, en Copenhague, en 1863. Traballou no departamento de enfermidades da pel e enfermidades venéreas. En 1886 trasladouse ao hospital de Vestre, onde traballou até 1903.
Bergh morreu en 1909. Un ano despois da súa morte, o Hospital de Vestre pasou a chamarse Hospital Rudolph Bergh en honra á súa memoria.[1].[2] Nese hospital calquera persoa que o desexase podía facerse unha proba de enfermidades de transmisión sexual e obter consellos sobre sexo seguro e o control da natalidade mantendo o seu anonimato. En 2000, algunhas destas funcións foron transferidas ao Hospital Bispebjerg.
Hai un busto de Bergh en Copenhague, fronte ao homónimo "Rudolph Bergh's Hospital", en Tietgensgade.[1] O busto foi un agasallo dos seus compañeiros e estivo durante anos na súa casa. Despois da súa morte, a viúva de Bergh doouno ao hospital.
Bergh foi galardoado co título de cabaleiro da Orde de Terceira Clase (Ridder af Dannebrog) da Orde do Dannebrog e tamén da Dannebrogordenens Hæderstegn (Cruz de Honra da Orde do Dannebrog).[3]
En Copenhague hai unha rúa que leva o seu nome: Rudolph Berghs Gade (en galego: rúa de Rudolph Bergh) en Ydre Østerbro.
O seu fillo Rudolph Sophus Bergh (22 de setembro de 1859 - 7 de decembro de 1924) foi zoólogo e compositor musical.
A súa especialización médica foron as enfermidades de transmisión sexual.[2] Entre os moitos textos que Rudolph Bergh escribiu estaba "Sobre as tatuaxes nas mulleres públicas", que foi publicado no Hospital Journal en 1891. O traballo trata sobre as conexións entre a prostitución, o crime e as tatuaxes. O artigo parece anticuado hoxe en día, e non debe ser tomado como a única expresión dos grandes esforzos de Rudolph Bergh por mellorar a saúde pública e, en particular, reducir os efectos nocivos das enfermidades de transmisión sexual.
Bergh tamén foi un dos editores da revista hospitalaria Hospitalstidende, onde publicou case todos os seus máis de 50 artigos médicos.
Bergh comezou a estudar os moluscos cando tiña case 30 anos, probabelmente baixo a influencia de Japetus Steenstrup, un biólogo danés que era 11 anos maior ca el e que era profesor de zooloxía na Universidade de Copenhague.[3]
Escribiu informes da expedición Challenger (1884) e da expedición Albatros (1894).[3] Participou no exame das especies que foron recollidas durante a expedición Siboga.[4]
Bergh chewgou a ser o principal experto mundial en nudibranquios. Escribiu os seus principais traballos malacolóxicos, así como máis de 90 artigos sobre malacoloxía.[3]
Entre outros traballos notábeis están os efectuados sobre a anatomía da rádula do xénero Conus (1896).[5]
Os seus debuxos malacolóxico considérase "excelentes".[3]]
Foi principalmente anatomista, e alcanzou grandes progresos na sistemática baseada na anatomía do sistema nervioso e do sistema reprodutor dos gasterópodos.[3]
Bergh foi moi activo nomeando e describindo especies de nudibranquios e outras lesmas mariñas.
Entre moitas outras especies, á súa autoría débense:[Cómpre referencia]
O xénero de nudibranquios Berghia, descito e nomeado por Salvatore Trinchese en 1877, recibiu o seu nome na súa honra.
A abreviatura Bergh emprégase para recoñecer a Rudolph Bergh como autoridade na descriión e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rudolph Bergh |