Biografía | |
---|---|
Nacemento | Shiprock, Estados Unidos de América |
Presidente da Nación Navajo | |
12 de maio de 2015 – 8 de xaneiro de 2019 ← Ben Shelly – Jonathan Nez → | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo navajo |
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles - grao en Artes |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Demócrata |
Russell Begaye, nado en Shiprock, Novo México, é un político do pobo navajo que foi o presidente da Nación Navajo dende o 2015 até o 2019. É o segundo navajo de Novo México que se converteu en Presidente dos navajo, malia non ser falante nativo de Diné, o idioma navajo.[1]
En 1974, Begaye graduouse en Ciencias Políticas na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA). En 1977, conseguiu o mestrado en Divindade, que é como se denominan os estudos teolóxicos nos Estados Unidos, do Southwestern Baptist Theological Seminary en Fort Worth, Texas.[2]
De 1977 a 2011, Begaye traballou para a Xunta de Misións de América do Norte. A partir de 2011, serviu no Consello da Nación Navajo ata a súa elección para a presidencia o 4 de abril de 2015[3] e tomou posesión do mesmo o 12 de maio de 2015.[4] Permaceu no cargo ata o 8 de xaneiro de 2019, en que o sucedeu o, ata entón vicepresidente, Jonathan Nez.
En 2022, presentouse ás eleccións para o Consello da Nación Navajo.[5]
Begaye estivo casado con Kyoon Chung Begaye, unha dentista de Atlanta, quen non participaba nos asuntos da Nación Navajo polo que, durante o período da súa presidencia, foi a esposa do vicepresidente Jonathan Nez que realizou as funcións de Primeira Dama.[2] En 2016, Begaye informou que tras 17 anos xuntos, o matrimonio rematara.[6]
Predecesor: Ben Shelly |
Presidente da Nación Navajo 2015-2019 |
Sucesor: Jonathan Nez |