Tipo | ría ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Atlántico ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | provincia de Pontevedra, España ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | |||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Profundidade | 40 m ![]() | |||
Dimensións | 23 (![]() | |||
Superficie | 145 km² ![]() | |||
A ría de Pontevedra é unha ría pontevedresa das Rías Baixas. É unha das máis amplas das rías Baixas e ten unha forma regular e dunha lonxitude de 20 km2.[1][2] Na súa boca están as illas Ons e no seu interior a illa de Tambo. O río Lérez chega ao mar por esta ría.[1]
A pesca e a explotación de bateas é o motor económico da costa da ría. O alto número de praias da ría sustenta un turismo importante na rexión.[3]
As illas Ons, que están na boca da ría, forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.[2]
Está entre a ría de Vigo e a ría de Arousa e limítana polo sur o Punta Couso na península do Morrazo e ao norte o Punta Miranda da comarca do Salnés.[2] A ría ten desde o exterior ao interior unha lonxitude de 20 km2.[1] A súa área é duns 145 km2 co que ten volume aproximado de 3450 hm3 de masas de auga.[1] A súa orientación, ao igual que súas dúas rías próximas, a de Vigo e Arousa, ten unha orientación NE-SW e é das rías máis formadas.[1]
As illas Ons péchana parcialmente so seu exterior polo sur polo que a boca da ría están partida en dúas amplas entradas: unha ao sur de 7 km e cunha profundidade de 60 m e outra ao norte de 3,7 km e unha profundidade de só 14 m. A enseada de Aldán[2] é unha pequena baía interior no exterior da súa entrada polo sur.[1]
Na cabeceira do interior da ría desemboca o río Lérez e forma un esteiro. O caudal medio de entrada na ría de auga do Lérez é de 432 hm³.
O clima da rexión é oceánico atlántico e ten unha precipitación anual de 1500–1800 mm.[1] A media anual das temperaturas das súas augas son 14 °C, aínda que en agosto é duns 20 °C. Os ventos no interior da ría dominan desde o sur no inverno e desde o norte no verán.[1]
A entrada de auga doce do río Lérez, que aporta o 80% da entrada de augas na ría, ten un impacto reducido no fluxo de augas da ría. A entrada de auga doce na ría é de 45 Hm3 anuais e é principalmente do inverno. Os principais movementos das augas prodúcense pola entrada e saída de augas oceánicas e pulsos de afloramento. Ao igual que as demais rías galegas, a circulación das súas augas depende da entrada de augas dos ríos, da entrada de masas de auga desde a plataforma continental oceánica, da irradiación solar e do réxime de ventos. A auga está estratificada parcialmente durante o inverno, xa que hai unha entrada de auga desde o río e por que a auga se mestura máis. A estratificación é completa no verán grazas polo aumento da temperatura de auga da superficie e polo afloramento, unha entrada de augas frías polo fondo da ría. Estas condicións, xunto coa salinidade, favorecen unha circulación das correntes de auga en sentido positivo.[1][4][5]
Nos municipios que rodean a ría habitan máis de 150.000 persoas. No verán a poboación ascende ás 200.000 persoas grazas ao turismo. O municipio máis poboado é a capital da provincia, Pontevedra, con máis de 83.000 habitantes, seguíndolle Marín con máis de 26.000 habitantes.
Considerando as rías galegas, é a ría con maior concentración de portos e vilas adicadas ao sector pesqueiro. En particular o marisco supón un mercado gastronómico que xera emprego na costa da ría.
O turismo ten un peso significativo na economía do litoral costeiro da ría, e é unha das zonas con maior demanda turística de Galiza. Os concellos de Marín, coa súa Escola Naval Militar, Sanxenxo, Bueu, Pontevedra ou Poio, e localidades como Portonovo ou Combarro, cos seus típicos hórreos (canastros), son zonas con esa afluencia turística. A ría ten praias con demanda de visitantes como son a de Bueu, Aguete, Silgar, Mogor, Lourido ou Maxor. Os servizos recreativos que ofrecen portos como os de Sanxenxo van desde a vela á navegación. Desde a ría partiu unha das Volvo Ocean Race.
As illas Ons, do concello de Bueu, están dentro do Parque nacional das Illas Atlánticas, e son visitadas por lecer saíndo desde os portos de Sanxenxo, Marín e Bueu. Destacan as atalaias sobre a ría que hai no Grove ou o Cabo Home.
Os portos e a industria que se atopa no seu litoral, e tamén nas cabeceiras dos ríos que chegan á ría, teñen un impacto neste ecosistema. É unha das rías galegas con niveis de contaminación intermedios e que se dan principalmente nas proximidades dos portos ou da costa.[6]
O complexo industrial de Lourizán, Pontevedra, formando por ENCE e Elnosa, está no litoral da ría e adícase á produción de pasta de papel, derivados de biomasa forestal e compostos como cloro ou sosa cáustica;[7][8][9] o cal causa un impacto contaminante nesta.[10] A súa produción de pasta, de cloro e sosa supón unha vertedura dunha media de 96 mil m3/día de residuos á ría desde Lourizán[11][12]. Iso supón unha entrada alta de materia orgánica,[10] metais pesados, organoclorados, ligninas e algúns ácidos na auga.[13][14] As elevadas concentracións de Hg na auga proceden do procesos electroquímicos e de produción do complexo industrial e focalízanse nos sedimentos próximos á planta. A concentración de metais pesados na ría, como Cu, Hg, Pb e Zn e que aparecen ligados a materia orgánica,[12][15] están ligada ao uso portuario desta, como é en especial o caso de Marín.[6][15][16][17][18] O Hg deposítase no solo pero a súa resuspensión depende da mobilización dos residuos depositados.[19] Estes metais, diluídos na auga, entran na cadea trófica trala absorción por especies do fitoplancto ou por filtración nos bivalvos.[17]
A ría ten contaminación elevada por verteduras de materia orgánica froito do lixo da poboación urbana tanto no seu interior, ao final do río Lérez, como no porto de Marín.[17]
En 1987 formouse a Asociación Pola Defensa da Ría coa intención de reivindicar a limpeza e coidado dos bancos marisqueiros e a necesidade de recuperación da costa de Lourizán.[20][21][22]
Máis do 96% da produción de pasta de Ence en Pontevedra vai para a exportación, principalmente aos países do norte de Europa.
Electroquímica do Noroeste, S.A.U. (ELNOSA) é unha empresa adicada á produción de cloro, sosa cáustica, ácido clorhídrico, hipoclorito sódico e hidróxeno [...] As instalacións produtivas de ELNOSA están emprazadas no Complexo Industrial de Lourizán-Pontevedra, que comparte coa planta de fabricación de celulosa de ENCE.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ría de Pontevedra ![]() |