![]() (2008) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1983 ![]() Palafrugell, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantautora, actriz, música ![]() |
Período de actividade | 2004 ![]() |
Xénero artístico | Jazz, música clásica, Flamenco, folk, música de cantautor, Rumba flamenca, fusion music genre (en) ![]() ![]() ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Familia | |
Pais | Càstor Pérez Diz ![]() ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | http://silviaperezcruz.com |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sílvia Pérez Cruz, nada en Palafrugell (Provincia de Xirona) o 15 de febreiro de 1983, é unha cantante catalá de diversos xéneros de música popular.
Desde nena estudou solfexo, piano clásico e saxo clásico. Licenciouse en canto-jazz pola Escola Superior de Música de Catalunya.
Traballou con Joan Díaz Trio no disco de jazz We sing Bill Evans (premio Jaç 2009 mellor disco), con Joan Monné, Perico Sambeat, Javier Colina, Jerry González e Jeannette. Cantou para os bailaríns Damián Muñoz (danza contemporánea) e Israel Galván e a compañía de Sol Picó (flamenco contemporáneo, Premios Max 2007). Formou parte de Coetus (orquestra de percusión ibérica, co que colaborou con Eliseo Parra) e un dúo con Raül Fernández (Refree) con varios proxectos e repertorios, con quen gravou tamén o disco Immigrasons.[1]
Formou parte do grupo Las Migas, cuarteto feminino multicultural creado en Barcelona en 2004 xunto a Marta Robles, Isabelle Laudenbach e Lisa Bause. En 2010 editaron o seu primeiro disco, Reinas del matute (Nuevos Medios), onde tamén toca o caixón. Deixou o grupo no verán de 2011 para seguir con outros proxectos[2]. Co grupo Xalupa, de música tradicional catalá, xunto a Chiara Giani (guitarra e arranxos), Lisa Bause (violín) e Aleix Tobias (percusión) editou tamén en 2010 o disco Un sordo s'ho escoltava (Temps Record).
Tocou tamén canda a Javier Colina+Sílvia Pérez Cruz (boleros en clave de jazz), ou Ressons de l'Al-Andalus (xunto ao coro de Lleida e 4 músicos).
Co grupo Llama (dúo de hang e voz) editou en setembro de 2011 o disco Rompiendo aguas (Harmonia Mundi) xunto co músico israelí de hang Ravid Goldschmidt.
En 2009 participou na obra de teatro El jardí dels cinc arbres, adaptación de textos do poeta Salvador Espriu dirixida por Joan Ollé e estreada no Festival Temporada Alta de Girona, representada tamén no Teatre Nacional de Catalunya (TNC),[3]. Entre outras pezas cantou "He mirat aquesta terra" con música composta por Raimon. Con este poema musicado que interpretou posteriormente xunto a Toti Soler nunha xira conxunta, participaron no acto de inauguración do Any Espriu que celebra o centenario do poeta, o 23 de xaneiro de 2013 no Palau de la Música Català de Barcelona.[4]
Antes participara no espectáculo flamenco Camarón, La leyenda del tiempo, 30 anys després xunto a Juan Gómez "Chicuelo", Duquende e Rafaela Carrasco. En 2010 e 2011 deu recitais xunto ao guitarrista Toti Soler. Con Buena Cara Trio, xunto ao pianista Javier Galiana e o contrabaixo José López, ofreceu un repertorio latinoamericano a ritmo de jazz.
En 2011 editou o disco En la imaginación (Nuba Records/Produccions Contrabaix), no que interpreta boleros cubanos a ritmo de jazz acompañada por Javier Colina Trio (Javier Colina ao contrabaixo, Albert Sanz ao piano, Marc Miralta á batería e Perico Sambeat como saxo invitado).
O 2 de xullo de 2011 participou na 45 edición da Cantada de Habaneras de Calella de Palafrugell en homenaxe ao seu pai, Càstor Pérez Diz, referente do xénero finado en novembro de 2010.[5]. Nese verán preparou o seu primeiro disco en solitario como Sílvia Pérez Cruz.[6]
En 2012 editou o seu primeiro disco en solitario, 11 de novembre, con pezas en catalán, castelán, portugués e galego, algunhas de composición propia e outras de procedentes de versos de Feliu Formosa, María Cabrera e Maria-Mercè Marçal[7]. Presentou o disco en directo no Gran Teatre del Liceu de Barcelona o 13 de abril de 2012.[8]
En 2012 participou xunto a Juan Gómez "Chicuelo" á guitarra na banda sonora da película Blancanieves, de Pablo Berger. Amais, cantou en directo en proxeccións do filme en setembro de 2012 en Barcelona e Madrid baixo o título "Gran-concierto película Blancanieves".[9] O tema "No te puedo encontrar" gañou o Premio Goya 2012 na categoría de "Mellor canción original".[10]
En 2014 publicou o álbum de versións Granada, xunto ao produtor, guitarrista e compositor Refree.[11] O 11 de setembro de 2014 participou en Lisboa nun concerto do pianista portugués de jazz contemporáneo Júlio Resende. Cantou temas en catalán, castelán e portugués da fadista Amália Rodrigues, en solitario e tamén coa fadista Gisela João.
En 2017 logrou o Premio Goya á mellor canción orixinal coa película Cerca de tu casa e foi nomeada como mellor actriz revelación.[12]
En 2022 foi Premio Nacional das Músicas Actuais.[13]