STS-90 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-90. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 17 de abril de 1998, 18:19 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 15,91 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos relacionados coa neurobioloxía.[3][6] |
Regreso | 3 de maio de 1998[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1998-022A |
STS-90 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 17 de abril de 1998 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-90, con sete astronautas a bordo e tamén denominada Neurolab, foi lanzada para facer experimentos de neurobioloxía en toda unha gama de especies no módulo Spacelab da bodega do transbordador: os sete humanos da tripulación (formada polo comandante Richard A. Searfoss, o piloto Scott D. Altman, os especialistas de misión Richard M. Linnehan, Dafydd Rhys Williams e Kathryn P. Hire e os especialistas de carga Jay C. Buckey e James A. Pawelczyk), 18 ratos, 152 ratas, 229 peixes, 824 grilos e 680 ovos de grilo.[3][5][6][7]
Ademais de Neurolab, a bordo do transbordador viaxaban experimentos secundarios como SVF, o biorreactor BDS-04 e outros. Kathryn Hire converteuse na primeira empregada do Centro Espacial Kennedy en ser elixida astronauta.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 3 de maio de 1998.[3][5][6][7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-90 |