STS-91 | |
---|---|
A Discovery vista desde a Mir na misión STS-91. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 2 de xuño de 1998, 22:06 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 9,83 días[6] |
Obxectivo da misión | Último acoplamento coa estación espacial Mir.[3][6] |
Regreso | 12 de xuño de 1998[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1998-034A |
STS-91 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 2 de xuño de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-91, con seis astronautas a bordo, foi a última misión dun transbordador cara a estación espacial Mir. Levou subministracións e equipamento e durante o lanzamento fixo uso dun novo tanque externo lixeiro de aluminio-litio. A tripulación, formada polo comandante Charles J. Precourt, o piloto Dominic L. Pudwill Gorie e os especialistas de misión Wendy B. Lawrence, Franklin R. Chang-Diaz, Janet L. Kavandi e Valeri Victorovitch Riumin, fixo diversos experimentos e o transbordador levou ao espazo por primeira vez o instrumento AMS para medir partículas moi enerxéticas.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 12 de xuño de 1998.[3][5][6][7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-91 |