Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Ricaurte | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.221 (2015) (70,55 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 74 km² | ||||
Altitude | 1.518 m | ||||
Creación | 3 de novembro de 1780 | ||||
Sitio web | sanjosedepare-boyaca.gov.co… |
San José de Pare é unha vila e concello do departamento colombiano de Boyacá, e forma parte da provincia de Ricaurte. O centro urbano de San José de Pare atópase a unha altitude de 1 545 metros, na Cordilleira Oriental dos Andes colombianos. A fronteira entre San José de Pare e o departamento de Santander está formado polo río Suárez. Os outros concellos que limitan con San José de Pare son Chitaraque, Togüí, Moniquirá e Santana. San José de Pare está ao longo da estrada dende Bogotá a Bucaramanga, a 217 quilómetros da capital colombiana.[1]
San José de Pare recibe o seu nome polo poboado de "Pare" dos guanes, que habitaron a área antes da conquista española.[2]