Sangre de Muerdago | |
---|---|
Orixe | Leipzig, Alemaña |
Período | 2007 – actualidade |
Xénero(s) | Folk, música galega |
Membros | Pablo Caamiña Ursusson Georg "Xurxo" Börner Mara Winter |
Na rede | |
https://www.sangredemuerdago.com/ | |
Sangre de Muerdago é unha banda galega de neofolk afincada en Leipzig (Alemaña) liderada por Pablo Caamiña Ursusson.[1][2][3]
As súas letras en galego tratan temas relacionados coa natureza con elementos místicos e inspíranse na tradición galega.[1] A súa música inclúe instrumentos tradicionais como a zanfona e a nyckelharpa. Musicalizaron poemas de escritores galegos como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.[1]
Ursusson comezou a súa carreira musical como membro do grupo crust punk Ekkaia.[4] Xunto con Jorge Olson de Abreu, fundou Sangre de Muerdago e gravaron a súa primeira demo en 2007. Gravaron e autoeditaron o seu primeiro álbum homónimo de longa duración en 2009.[1]
Ursusson formou parte doutros proxectos musicais posteriormente, como o grupo de crust punk Cop on Fire e a banda de black metal Antlers.[4]
Dende a súa formación, lanzaron 6 álbums de longa duración, así como varios EPs e traballos noutros formatos.
Ano | Título | Formato |
---|---|---|
2007 | Sangre de Muerdago | Demo |
2010 | Sangre de Muerdago | LP |
2013 | Deixádeme morrer no bosque | LP |
2014 | Nas fragas do río Eume | EP |
2014 | Braided Paths | Álbum split con Novemthree |
2015 | Lembranzas dende o lado salvaxe | Recompilatorio |
2015 | O camiño das mans valeiras | LP |
2017 | Os segredos da raposa vermella | EP |
2018 | Vagalumes | EP |
2018 | Noite | LP |
2020 | As voces da pedra | Álbum split con Monarch |
2020 | Xuntas | LP |
2021 | Cantiga de folhas e agulhas | Live session con Judasz & Nahimana |
2022 | Cantiga da rainha das augas | Live session con Judasz & Nahimana |
2023 | O Vento que lambe as miñas feridas | LP |