Santiaguiño do Mediterráneo

Santiaguiño do Mediterráneo
Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Achelata
Familia: Scyllaridae
Xénero: 'Scyllarides'
Especie: ''S. latus''
Nome binomial
'Scyllarides latus'
(Latreille, 1803) [2][3]
Sinonimia
Santiaguiño mediterráneo na costa de Malta.

O santiaguiño do Mediterráneo[4] (Scyllarides latus) é unha especie de santiaguiño da familia Scyllaridae que habita no mar Mediterráneo e na costa leste do océano Atlántico. É unha especie comestible moi valorada, pero escasea na maior parte da súa área de distribución pola sobrepesca. Os adultos chegan a medir uns 30 cm, están ben camuflados e carecen de pinzas. Teñen hábitos nocturnos, emerxendo de covas e outros refuxios durante a noite para alimentarse de moluscos. Son depredados por numerosas especies de peixes óseos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Scyllarides latus atópase na maior parte das costas do mar Mediterráneo (cunha excepción notable no Adriático setentrional)[5] e en rexións orientais do océano Atlántico, desde Lisboa a Senegal, incluíndo a Macaronesia. No Senegal, cohabita con Scyllarides herklotsii, especie de gran parecido.[5]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Slatus pode crecer até unha lonxitude de 45 cm, aínda que xeralmente non supera os 30 cm, o que supón unha carapa duns 12 cm.[3] Un exemplar pode pesar até 1,5 kg.[5] Como en todas as especies de esciláridos, o segundo par de antenas está engrosado e aplanado en forma de pa.[6] A pesar de estar emparentados coas lagostas, Scyllarides latus, como o resto de especies da súa familia, carece de pinzas, e tampouco presenta defensas espiñentas. A cambio, o seu exoesqueleto, en particular a súa carapa, é máis groso e funciona como armadura.[5] Os adultos camúflanse grazas á súa coloración críptica, ao que contribúe a presenza de protuberancias na súa carapa.[3]

  1. Modelo:Cite iucn
  2. García, E. J. y García, E. J. 2012. Scyllarides latus. En: VV.AA., Bases ecológicas preliminares para la conservación de las especies de interés comunitario en España: Invertebrados. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Madrid. 58 p.
  3. 3,0 3,1 3,2 Lipke B. Holthuis (1991). "Scyllarides latus". FAO Species Catalogue, Volume 13. Marine Lobsters of the World (PDF). FAO Fisheries Synopsis No. 125. Food and Agriculture Organization. ISBN 92-5-103027-8. [Ligazón morta]
  4. A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 2 de xullo de 2022.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 E. Spanier; K. L. Lavalli (1998). "Natural history of Scyllarides latus (Crustacea: Decapoda): a review of the contemporary biological knowledge of the Mediterranean slipper lobster". Journal of Natural History 32 (10 & 11): 1769–1786. doi:10.1080/00222939800771281. 
  6. Reinhard Forster (1985). "Evolutionary trends and ecology of Mesozoic decapod crustaceans" (PDF). Transactions of the Royal Society of Edinburgh 76 (2–3): 299–304. doi:10.1017/s0263593300010518.