Sants-Montjuïc é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña. Está situado ó sur da cidade e é o máis extenso cunha superficie de 2.090 hectáreas. Limita cos municipios de l'Hospitalet de Llobregat e el Prat de Llobregat, e tamén cos distritos barceloneses de les Corts, l'Eixample e Ciutat Vella. O 1 de xaneiro de 2005 tiña unha poboación de 177.636 habitantes.
Ademais dos barrios, inclúe a montaña de Montjuïc e o sector chamado Zona Franca-Port, que aglutina o polígono industrial da Zona Franca e a maior parte do Porto de Barcelona. Os barrios do distrito son: