Sapo de esporóns Rango fósil: Mioceno medio–Actual,[1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Pelobates cultripes Cuvier, 1829 | |||||||||||||||||||||
Distribución de Pelobates cultripes
|
O sapo de esporóns[2] (Pelobates cultripes) é unha especie de anfibios anuros da familia Pelobatidae.
A súa distribución mundial limítase exclusivamente á Península Ibérica e ás costas mediterráneas e suroccidentais de Francia. Dentro da península ten unha distribución practicamente continua facéndose as súas poboacións máis escasas ou desaparecendo no norte (cornixa cantábrica e Galicia).
Os ambientes terrestres que ocupa normalmente o sapo de esporóns, adoitan ser terreos areentos, con charcas, arroios estacionais ou marismas próximas. Son especialmente abundantes nas devesas de Estremadura e areais do baixo Guadalquivir, zonas semiáridas do val do Ebro, sendo escaso en zonas de montaña.
Aínda que a súa distribución altitudinal abrangue desde o nivel do mar até os 1.700 metros, é máis frecuente encontrar poboacións por baixo dos 1.000 m.
Os factores que poden incidir sobre o seu nivel de conservación son comúns aos doutras especies de anuros. A destrución directa de hábitat reprodutivos como charcas, lagoas e marismas provocou a extinción de poboacións, especialmente en zonas de areais costeiros e zonas destinadas á agricultura intensiva, a contaminación por produtos fitosanitarios e o exceso de carga gandeira, que provoca a eutrofización dos hábitats reprodutivos. Os atropelos en estradas en zonas reprodutivas ricas en charcas e a introdución de especies foráneas como o cangrexo de río americano ou certas especies de peixes que poden incidir nas fases embrionaria e larvaria.