Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1935 ![]() |
Morte | 20 de marzo de 2011 ![]() |
Educación | Universidade Harvard Vassar College (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofa ![]() |
Sara Ruddick, nome de nacemento Sara Elizabeth Loop, nada o 17 de febreiro de 1935 e finada o 20 de marzo de 2011,[1] foi unha filósofa feminista e a autora do libro Maternal Thinking: Toward a Politics of Peace.[2][3]
Licenciouse no Vassar College en 1957 e doutorouse na Universidade Harvard en 1964. Ensinou filosofía e estudos das mulleres no New School of Social Research catro anos. Foi galardoada co premio á filósofa máis destacada do ano pola Society for Women in Philosophy en 2002. A American Philosophical Association organizou unhas xornadas en San Diego en 2012 sobre o seu traballo.[4] Participou no proxecto de historia oral, Feminist Philosophers: In Their Own Words, que ofrece entrevistas con filósofas feministas importantes implicadas no movemento feminista nas décadas de 1960 e 1970.
É moi coñecida pola análise das prácticas e do pensamento que emerxe do coidado dos nenos. Argumenta que a maternidade é unha actividade consciente que require eleccións, decisións diarias e unha reflexión continua e alerta.[5] Lisa Baraitser considera que a súa contribución: "Xunto con Adrienne Rich, Ruddick foi probabelmente a pensadora máis importante que abordou a cuestión da mothering e da motherhood desde a segunda onda do feminismo, e cun espírito similar ao de Grace Paley, ampliando a súa análise de maternidade baixo o patriarcado ao desenvolvemento dos valores necesarios para opoñerse ao militarismo e á guerra."[6]