Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1799 Reinosa, España |
Morte | 1864 (64/65 anos) Madrid, España |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, político |
Partido político | Liberal Union (en) |
Familia | |
Fillos | Manuel Calderón de la Barca Herce Collantes, Pedro Calderón de la Barca Herce Collantes |
Premios | |
Saturnino Calderón Collantes, nado en Reinosa o 26 de febreiro de 1799, e finado en París, o 7 de outubro de 1864, foi un aristócrata e político español que foi ministro en varias ocasión e tamén presidente interino do Consello de Ministros.
Era o fillo máis vello de Manuel Santiago Calderón Rodríguez-Fontecha, senador por Santander, e a súa muller Saturnina Collantes Fonegra. O seu irmán Fernando Calderón Collantes, Marqués de Reinosa, foi tamén un importante político da época.
Trala morte de Fernando VII, foi deputado en diferentes lexislaturas por Ourense (1834, 1836, 1837, 1839, 1840 e 1846), A Coruña (1840 e 1846), Lugo (1844) e Santander (1840).[1] En 1838, foi nomeado senador[2] e, dende 1847, foi senador vitalicio até 1864.[3]
Durante as rexencias de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e de Espartero foi ministro de Estado. En 1850, no goberno de Narváez, foi ministro de comercio, instrución e obras públicas e, de novo, en 1858, no goberno de O'Donnell. Militou na Unión Liberal. Entre novembro de 1859 e marzo de 1860, foi Presidente interino do Consello de Ministros de España.[4]
En 1861, asinou o Tratado Comercial entre Marrocos e España. As discusións producidas pola súa defensa da conduta do xeneral Prim na expedición a México levou no a dimitir en 1863. Durante o ano seguinte, trasladouse a Francia onde morreu pouco tempo despois, afastado da política española.[5]
Foi pai de Pedro Calderón Herce Collantes.
Predecesor: Lorenzo Arrazola García |
Ministerio de Estado 1839 - 1840 |
Sucesor: Agustín Armendáriz Murillo |
Predecesor: Manuel Seijas Lozano |
Ministerio de Comercio, Instrución e Obras Públicas 1850 - 1851 |
Sucesor: Santiago Fernández Negrete |
Predecesor: Francisco Javier de Istúriz |
Ministerio de Estado 1858 - 1863 |
Sucesor: Francisco Serrano Domínguez |
Predecesor: Leopoldo O'Donnell |
Presidente do Goberno español (interino) 1859 - 1860 |
Sucesor: Leopoldo O'Donnell |