Scophthalmus Rodaballos e curuxos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Scophthalmus rhombus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Scophthalmus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, o tipo da familia dos escoftálmidos, propios do océano Atlántico e coñecidos en galego como rodaballos e curuxos.[1]
O xénero foi descrito en 1810 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque.[2]
Non está nada clara a etimoloxía do nome Scophthalmus.
Segundo algúns etimoloxistas,[3] derivaría dos termos do grego antigo σκόπελος skópelos, "rocha elevada" (e, ao parecer, o nome dun certo "peixe lantrerna"), e ὀφθαλμός ophthalmós, "ollo". Para outros, derivaría do italiano scopo, "mira" (de arma de fogo),[4] derivado do grego σκοπός skopós, "atalaia", "observador", "espía", relacionado con σκεπάζω skepázō, "defender", "protexer", "defender contra", e ὀφθαλμός ophthalmós, "ollo". Finalmente, algúns opinan que o termo estaría formado a partira dos gregos σκώπτω skóptō, "burlarse" e ἅλμη álmē, "auga ou escuma do mar",[5] literalmente: "o que se burla da escuma do mar", o que, dada a coñecida excentricidade de Rafinesque, talvez non estaría errado.
Ademais de polo nome orixinario que lle deu Rafinesque, este xénero coñeceuse ao longo do tempo polos sinónimos:[2]
Actualmente recoñécense no xénero tres ou catro especies, segundo os autores (segundo admitan, ou non, a Scophtalmus maximus, o rodaballo:[6]
Rodríguez Solórzano et al., no seu Inventario,[9] nas augas galegas rexistran dúas das especies anteriormente citadas, Scophtalmus rhombus e Psetta maxima (= Scophtalmus maximus).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scophthalmus ![]() |