![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 ![]() Xixón, España ![]() |
Morte | 29 de xaneiro de 1957 ![]() Cidade de México ![]() |
![]() ![]() | |
5 de abril de 1938 – 1 de abril de 1939 ← Jesús Hernández Tomás (en) ![]() | |
![]() | |
1926 – ![]() | |
Datos persoais | |
Ideoloxía política | Anarquismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político, albanel ![]() |
Membro de | |
![]() |
Segundo Blanco González, nado en Xixón en 1899 e finado en México en 1957, foi un anarquista asturiano.
Mestre de profesión, na súa mocidade exerceu múltiples labores pola súa persecución política. Entre outros traballos fixo de mestre aparellador, actividade que alternou cos estudos nocturnos. Encargouse durante a ditadura de Primo de Rivera de manter a estrutura da CNT en Asturias, chegando a ocupar o cargo de Secretario Xeral do sindicato en 1926. Ese mesmo ano ingresou en prisión, a onde volvería en 1931 e 1934.
Ó inicio da guerra civil española presidiu o Comité de Guerra de Xixón, ocupándose posteriormente da Consellería de Industria no Consello Interprovincial de Asturias e León, e formou parte da Comisión de Guerra unha vez que este se transformou no Consello Soberano de Asturias e León.
Trala caída da fronte norte fuxiu a Francia e pasou a Cataluña. Foi Secretario de Defensa no Comité Nacional da CNT, e en abril de 1938 formou parte do goberno de Juan Negrín ocupando a carteira de Instrución e Sanidade Pública. Trala guerra exiliouse na cidade francesa de Orleáns e logo marchou a México, onde morreu en 1957.
Predecesor: Avelino González Mallada |
Secretario Xeral da CNT 1926 - 1926 |
Sucesor: Joan Peiró |