(2024) | |
Nome orixinal | (ko) 서예지 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de abril de 1990 (34 anos) Seúl, Corea do Sur |
Relixión | Protestantismo |
Educación | Youngwon Middle School (en) Universidade Complutense de Madrid - xornalismo Seoul Usin Elementary School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, modelo, actriz de cinema |
Período de actividade | 2013 - |
Familia | |
Familia | Icheon Seo clan (en) |
|
Seo Ye-ji, nada en Seúl o 6 de abril de 1990, é unha actriz surcoreana.
Estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid [1] en España[2] e aínda que pensaba dedicarse á presentación de informativos, un directivo da súa axencia de talentos, Made in Chan Entertainment, convenceuna para dedicarse á actuación. A súa primeira aparición foi nun anuncio de SK Telecom e debutou como en 2013 como actriz na comedia Gamjabyeol 2013QR3[3].
Ao ano seguinte tivo un papel protagonista na serie Yagyeongkkun Ilji da MBC. En 2015 participouu en tres filmes, o drama independente Bi-mil o drama histórico Sado e a comedia Bongyi Kim Seondal[4]. Tamén participou no vídeo musical da canción Uri Saranghaji Marayo do grupo Big Bang. En 2016 foi unha das protagonistas da serie xuvenil Murimhakgyo para a KBS2 e en 2017 da serie de misterio Guhaejwo que se emitiu en Orion Cinema Network. En 2019 protagonizou o filme de terror, Amjeon e en 2020 a serie romántica Saikojiman gwaenchana á beira de Kim Soo-hyun.
En xaneiro de 2020 Seo asinou coa axencia Gold Medalist canda os actores Kim Soo-hyun e Kim Sae-ron[5][6][7].