Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1915 ![]() São Félix, Brasil (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 10 de abril de 1984 ![]() São Paulo, Brasil ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1945 | Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1945 (pt) ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1942 | Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1942 (pt) ![]() ![]() |
Servílio de Jesus, máis coñecido como Servílio, nado en São Félix, Baía, o 15 de febreiro de 1915 e finado en São Paulo o 10 de abril de 1984, foi un futbolista brasileiro que xogaba de centrocampista e dianteiro.[1]
Tras xogar no Galícia acabado de fundar marchou ao Bahía en 1935, pero volveu dous anos despois. Co Galícia proclamouse en 1937 campión baiano, o primeiro título do club.[2]
Foi descuberto polo Corinthians en 1938, nunha excursión do club paulista ao estado de Baía. Incorporouse entón ao equipo paulista e adaptouse rapidamente, converténdose no principal armador do xogo xunto a Teleco, a grande estrela do equipo.[1] Militiou no Corinthians máis dunha década, converténdose nun ídolo para a afección, que o alcumou "O Bailarino da Fazendinha".[1] Marcou 200 goles coa camiseta do Corinthians, sendo un dos maiores goleadores da historia do club, e gañou tres veces o Campionato Paulista, 1938, 1939 e 1941.[3] Foi ademais o máximo goleador do campionato nos anos 1945, 1946 e 1947.[3]
Pechou a súa carreira xogando no Ypiranga de São Paulo.
Foi pai do ex-dianteiro Servílio de Jesus Filho, que destacou no Portuguesa e no Palmeiras.
Foi internacional coa selección brasileira en sete ocasións. Debutou o 14 de xaneiro de 1942 fronte a Chile no Estadio Centenario, nun partido do Campionato Suramericano que acabou con vitoria por 6-1 para Brasil. Marcou o seu único gol coa canarinha tres días despois no mesmo estadio, na derrota fronte á Arxentina por 2-1. Disputou tamén o Campionato Suramericano de 1945 no que Brasil rematou subcampión.[4]