Sevillanas

Bailando sevillanas.

As sevillanas son un canto e baile típico de Sevilla, que se cantan e bailan nas distintas feiras e romarías que se celebran por toda Andalucía. A súa orixe atoparíase nos anos previos á época dos Reis Católicos, nunhas composicións que eran coñecidas como "seguidillas castelás", co tempo evolucionaron e foron adquirindo un ton máis flamenco, engadíndose o baile no século XVIII ata chegar aos cantos e bailes con que son nomeadas actualmente.

Está incluída entre os paus do flamenco. Unha sevillana estrutúrase sempre en catro partes; cada unha destas vai sempre acompañada do mesmo refrán. Ten un compás 3/4. O baile de sevillanas ten un número repetido de pasos, como as pasadas, os paseíllos ou os careos.

Algúns dos artistas máis destacados neste xénero foron Los Marismeños, Cantores de Híspalis, Ecos del Rocío, Los Requiebros, María del Monte e Los del Río, entre outros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]