Seyla Benhabib

Modelo:BiografíaSeyla Benhabib
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Istambul, Turquía Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Universidade Brandeis
Robert College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos de xénero Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria, biógrafa, ensaísta, filósofa, politicóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Boston
The New School
Universidade de Stony Brook
Universidade Yale
Universidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Premios

Descrito pola fonteEncyclopedia of Global Justice (2011 ed.) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4579001

Seyla Benhabib, nada en Istambul o 9 de setembro de 1950, é unha profesora de ciencias políticas e filosofía política, pensadora e profesora estadounidense de orixe turca coñecida polo seu traballo que combina a Teoría crítica (Escola de Frankfurt) coa teoría feminista. Está considerada como unha das teóricas da política e o feminismo do século XXI.

É directora do programa de ética, política e economía da Universidade de Yale e ocupa a cátedra Eugene Meyer de Ciencia Política e Filosofía da Universidade de Yale.[1]

É autora de diversos traballos de filosofía sobre o pensamento de Hannah Arendt e de Jürgen Habermas. A partir deste último, Benhabib reformula a noción de "espazo público", empregando para iso un enfoque feminista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi presidenta da División Oriental da American Philosophical Association (2006-2007) e é membro da Academia Americana das Artes e as Ciencias. Foi investigadora asociada en numerosas institucións, tanto nos Estados Unidos como en Europa.

Dirixiu o programa Ethics, Politics and Economics (2002-2008)

Ensinou previamente nos departamentos de filosofía da Universidade de Boston, SUNY Stonybrook e na Nova Escola en Nova York, así como no departamento de goberno da Universidade de Harvard.

Foi nomeada doutora honoris causa polas universidades de Utrecht, Valencia e Bogazici University en Istambul, e recibiu o prestixioso premio Ernst Bloch e o Leopold Lucas da Universidade de Tubinga.

En 2014 recibiu o Meister Eckhart Prize da Fundación Identity e a Universidade de Colonia.[2]

Pensamento

[editar | editar a fonte]

O seu pensamento e obra enmárcase a teoría crítica contemporánea (2ª Escola de Frankfurt). Foi alumna de Marcuse e de Habermas. As súas achegas baséanse en articular o universalismo co particularismo.

O seu traballo céntrase no pensamento europeo social e político dos séculos XIX e XX, a teoría feminista e a historia da teoría política moderna e está considerada como unha das voces máis autorizadas no actual debate filosófico e político acerca da diferenza, o feminismo e o multiculturalismo.[1]

Teoría da democracia

[editar | editar a fonte]

Para Seyla Benhabib, as culturas non son monolíticas, senón que se forman no diálogo entre culturas. Corresponden a unha renovación constante dos límites imaxinarios. Para os teóricos democráticos, as persoas son máis importantes que a preservación das culturas. En democracia, segundo Benhabib, cada persoa debe decidir de acordo á súa vida. Conserva tres condicións para garantir a coexistencia de pluralismo e cosmopolitismo:

1) Reciprocidade igualitaria: os membros das minorías deben ter os mesmos dereitos cívicos, políticos, económicos e culturais que a maioría.

2) O consentimento voluntario: Cando nace unha persoa, non debe ser considerada automaticamente como pertencente a unha relixión ou a unha cultura. O Estado non debe permitirlles ás comunidades definir as vidas dos individuos. Os membros dunha sociedade teñen o dereito a expresarse e é desexábel preguntarlles aos adultos se desexan pertencer a esta comunidade.

3) Liberdade de asociación e de deixar estas: Todo o mundo debe poder deixar o grupo. Cando os membros do grupo casan con calquera doutro grupo, teñen o dereito a seguir pertencendo ao seu grupo. Deben atoparse aloxamentos para os matrimonios intergrupais e os seus fillos.

A coexistencia entre a diversidade cultural e a igualdade democrática é un tema controvertido. A primeira condición é de feito ignorada por moitas culturas, cada Estado-nación inclúe grupos que non son aceptados pola maioría. Algúns gobernos non fan nada para deter a discriminación ou as alentan. As outras dúas condicións son tamén problemáticas.[3]

Fronteiras

[editar | editar a fonte]

Seyla Benhabib está favor dun mundo de fronteiras porosas: "Creo que é posíbel ter un imperio sen fronteiras; non creo que sexa posíbel ter unha democracia sen fronteiras ". As fronteiras políticas axudan a definir os seus membros, mais tamén son excluíntes para outros. Cada vez máis persoas están a vivir nun país distinto do seu; a soberanía de estado non é tan forte como no pasado.

A visión cosmopolita de Seyla Benhabib inspírase no filósofo Immanuel Kant e a súa paz perpetua. Segundo Kant, de acordo coa lei da hospitalidade universais, cada persoa ten o dereito a ir onde queira, sen temerlle á hostilidade dos seus hóspedes. Seyla Benhabib toma este dereito como punto de partida do seu pensamento sobre a migración e os refuxiados. Vai mesmo máis lonxe que Kant apuntando que o dereito á hospitalidade debería aplicarse non só para facer turismo, senón tamén para estancias de longa duración (de casos de asilo político).

  • Critique, Norm and Utopia. A study of the Foundations of Critical Theory (Columbia University Press, N.Y., 1986)
  • Situating the Self. Gender, Community and Postmodernism in Contemporary Ethics (Routledge, Nova York, 1992)
  • Democracy and Difference (Princeton University Press, 1996)
  • Las reivindicaciones de la cultura. Igualdad y diversidad en la era global (Buenos Aires e Madrid, Katz Barpal Editores, 2006)
  • The Claims of Culture (Princeton University Press, 2002),
  • The Reluctant Modernism of Hannah Arendt (Rowan Littlefield, 2003)
  • The Rights of Others (Cambridge University Press, 2004)
  • Another Cosmpolitanism (Oxford, 2006)
  • Dignity in Adversity. Human Rights in Troubled Times (Polity Press, 2011);
  • Equality and Difference. Human Dignity and Popular Sovereignty in the Mirror of Political Modernity (Lucas prize Lecture in English and German: Mohr Siebeck Publishers, 2013)
  • The Democratic Disconnect. Citizenship and Accountability in the Transatlantic Community con David Cameron et. al. (Transatlantic Academy, Washington DC, 2013)
  1. 1,0 1,1 "Seyla Benhabib | CCCB". Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  2. "Seyla Benhabib. Department of Political Science". Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  3. "Conversation with Seyla Benhabib, p. 1 of 6". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]