Shambhala | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | शम्भाला |
Director | Min Bahadur Bham |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Nhyoo Bajracharya |
Fotografía | Aziz Zhambakiyiv |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Estrea | 23 de febreiro de 2024 |
Duración | 150 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 15 crore |
Na rede | |
https://bestfriendforever.be/films/shambhala/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Shambhala (en nepalés: शम्भाला) é un filme nepalés de 2024 dirixido por Min Bahadur Bham a partir dun guión escrito por Bham e Abinash Bikram Shah. Está protagonizado por Thinley Lhamo, Tenzin Dalha e Sonam Topden.[1][2][3] Shambhala é o filme máis caro do Nepal xamais feito, cun orzamento de 15 crore. Foi escollido para competir no Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde competiu polo Oso de Ouro. O filme narra a traxectoria vital dunha refuxiada tibetana na procura do seu marido desaparecido, ao tempo que está embarazada.
É unha coprodución internacional entre o Nepal, Francia, Noruega, Hong Kong, a China, Turquía, Taiwán, os Estados Unidos e Qatar e estreouse o 23 de febreiro de 2024 no Berlinale Palast.[4][5] Shambhala é o primeiro filme en lingua nepalesa en competir nun gran festival de cinema e o primeiro do sur de Asia en competir na sección principal do Festival Internacional de Cinema de Berlín en tres décadas.[6][7] Foi escollido como candidato do Nepal para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[8]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shambhala ![]() |