Shin Chan: A ambición do Kakafede

Shin Chan: A ambición do Kakafede
Ficha técnica
Título orixinalクレヨンしんちゃん 雲黒斎の野望
DirectorMitsuru Hongo
GuiónYoshito Usui
MúsicaYasuo Kosugi
EstudioShin Ei Animation
DistribuidoraLuk Internacional (Galicia)
Estrea1995
Duración90 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorShin Chan: O imperio dos carrozas
Filme seguinteShin Chan: E a costelada imposible
Na rede
IMDB: tt2098658 Filmaffinity: 122807 Editar o valor en Wikidata

Shin Chan: A ambición do Kakafede (クレヨンしんちゃん 雲黒斎の野望 Kureyon Shinchan: Unkokusai no Yabō?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 15 de abril do 1995.

En galego, saíu á venda en DVD o 10 de outubro do 2007, sen ser proxectada nos cinemas.

Grandes aventuras heroicas desenvólvense no pasado, no presente e no futuro. A familia Nohara viaxa no tempo para facer fronte ao temible Kakafede e as súas intencións de mudar o curso dos acontecementos. Unha axente especial da patrulla temporal do século XXX ten unha importante misión: contactar coa familia Nohara. Para iso non se lle ocorre outra cousa que se introducir no corpo de Nevado e falar con eles polos beizos do can de Shin Chan. Necesita que os Nohara o acompañen á época das guerras civís no Xapón, ao ano 1570.

Un ser descoñecido quere distorsionar o rumbo da historia: o mundo enteiro e o presente tal e como os coñecemos corren perigo. Shin Chan e maila súa familia son a nosa grande esperanza. Pero a viaxe non está exenta de perigos: se non acadan o seu obxectivo quedarán no pasado para sempre.

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2007.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba
Masao Ana Ouro Teiyu Ichiryusai
Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato
Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada
Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa
Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya
Nevado Montse Davila Mari Mashiba
Fuyukimaru Chelo Díaz Megumi Urawa
Señor Kakafede César Cambeiro Seizo Kato
Yukino Kasuga Nora Abad Yuko Mizutani
Nekonoshin Matatabi Óscar Fernández Kouji Totani
Rin Tormenta de Neve Montse Davila Rei Sakuma
  • Voces adicionais:
▪ Alfonso Valiño.
▪ Andrés Bellas.
▪ Isabel Vallejo.
▪ Lucía Cid.

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é たすけてケスタ (Axuda, que isto custa) interpretada por Yuzo Hayashi.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]